Hoxe, case dous anos despois do primeiro aviso, e co afundimento máis pronunciado e evidente que nunca, vemos que xa esta a facer algun tipo de traballo na Volta do Poulo. Agardamos que estas sexan obras para consolidar o piso e evitar un derrumbe.
Que é este afundimento?En 2024 dende MOVENEDA avisamos ó goberno municipal que unha parte da beirarrua e da cerretera na Volta do Poulo estaban a afundirse.
Tivemos que insistir várias veces, en comisións e no pleno, e aínda así, o goberno municipal tardou 5 meses en dar coñecemento da incidencia á Axencia Galega de Infraestruturas (AGI).
A AGI ten a competencia deste vial (AC-862), pero descargou a súa responsabilidade dicindo que "ao ser a beirarrúa propiedade municipal, é o concello o que ten que solucionar o problema".
No pleno do 9 de xuño de 2025 preguntamos polo asunto e o goberno municipal non fixo moito máis que botar as culpas á AGI, sen tentar outras vías para solucionar conxuntamente esta situación.
É lamentable ver como neste e outros casos, as administracións se botan a pelota uns aos outros.
xunta de galicia, concello de Neda, goberno de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |