Por fin, a rotonda de Xuvia está rematada. Foron máis dun ano de obras e molestias ó trafico e ós veciños cando a promesa inicial era un prazo de cinco meses. Hai que recoñecer que as excusas do PP foron bastante mais imaxinativas que as do alcalde: paradas, choivas, a zona era «moi inundable»...
MOVENEDA denunciou desde o principio que esta obra respondía a intereses partidistas: unha operación de márketing político do PP para amosar capacidade de xestión e favorecer o seu candidato local. O resultado foi o contrario do pretendido: improvisación, atrasos e molestias prolongadas para a veciñanza. Nin sequera a foto do remate borra iso.
Con todo, a veciñanza respira, e iso hai que recoñecelo.
O que non ten desculpa é que, mentres a Xunta remata esta obra, o goberno de Alvariño é absolutamente incapáz de pintar o paso de peóns do Poulo. Unha dotación de seguridade que os veciños reclaman desde 2021. Case cinco anos despois, entre chapuzadas, informes que faltan, empresas de vacacións e ata a guerra de Ucraína como escusa, o paso segue sen resolverse.
MOVENEDA esixe ao goberno municipal que se poña a traballar e complete dunha vez ese paso de peóns.
moveneda, xunta de galicia, comunicados de prensa, goberno de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |