Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.
A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.
Pleno ordinario do Concello de Neda, vindeiro luns 25 as 12:00
Written by MoveNeda on .
Visitas: 282
O vindeiro luns 25 de novembro esta convocada SESIÓN ORDINARIA do PLENO do Concello de Neda na Casa da Cultura, as 12:00 h.
A ORDE DO DÍA é a seguinte:
Aprobación, da acta da sesión anterior.
Dación de contas dos decretos da alcaldía
Dación de conta do decreto 34/2024 polo que se outorga delegacións xenéricas en favor do concelleiro D. Ángel Salvador García Cordero e da concelleira Da Margarita Díaz Sanz.
Dación de conta da integración de Da. Margarita Díaz Sanz no Grupo municipal PSdeG PSOE.
Modificación do punto 4o do Pleno do 03/07/2023 relativo a creación e composición das comisións informativas permanentes.
Modificación do punto 5o do Pleno do 03/07/2023 sobre o nomeamento de representantes en órganos externos.
Ratificación do Decreto 36/2024 sobre designación de representantes do Concello no Consello Escolar do Colexio de Maciñeira.
Ratificación do Decreto 40/2024 sobre designación de representantes do Concello no Consello Escolar do Colexio de San Isidro.
Aprobación de regulamento do Consello da Memoria Democrática do Concello de Neda.
Moción do BNG para solicitar a xestión municipal do servizo de madrugadores nos centros educativos de Neda.
Moción do PP contra o desmantelamento da seguridade preservada pola Garda Civil na provincia da Coruña.
Declaración institucional do Concello de Neda con motivo do 25 N “Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres”.
Rogos e preguntas.
Como xa é habitual en MOVENEDA, convidamos a toda a veciñanza a asistir e exercer o seu dereito a participacion democratica na vida publica e politica do noso concello.
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.
Termos de uso, privacidade e cookies Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.