O de hoxe foi un pleno rápido, con catro puntos que non tiñan moita discusión, sendo dous referidos ás modificacións nos POS (o plan de cooperación municipal da Deputación).
Orde do día:
POS+ Adicional 4/2025 para gasto corrente.No Punto 1, o alcalde informa da cantidade que a Deputación asignou a Neda e que van destinar 40.000 euros a gasto corrente. Comenta tamén que teñen outros gastos referidos a proxectos ligados á traída de auga, un proxecto bombeo e a sectorialización que propuxo Viaqua. Indica que todo isto queda para o pleno de novembro.
O Grupo do Partido Popular tenta rebater e afear ó alcalde que agora destine os cartos "a gasto corrente" mentres que cando estaba na oposición llo criticaba a Cabezón. Inda así, votan a favor.
O BNG se abstén e Moveneda sinala que neste tipo de proxectos de gastos "se debe contar contar coa oposición" e "informala millor". Votamos a favor.
Se informa que é unha modificación por diversos erros. Deste asunto xa informou a interventora en comisión. Son 180 euros. Axustes menores. A favor todos os grupos.
Se trata dun Preaviso de prórroga do contrato do “Servizo de axuda a domicilio nas modalidades de dependencia e básica ou libre concorrencia”. O alcalde dí que agora vai "sacar todos os concursos e licitacións pendentes sen excepción".
PP e BNG se absteñen. Dende MOVENEDA votamos en contra porque non estamos dacordo coa privatización do servizo e pensamos que os coidados, como a Sanidade Púbica, deben ser servizos 100% públicos onde as empresas privadas non deben facer negocio.
O Concelleiro do Partido Popular arremete botando en cara ó Goberno de Neda os cartos pon a Xunta para soster o servizo. Se crea un debate esteril do tipo "y tu mas" con bailes de cifras e porcentaxes. Mesmo ten que terciar a interventora para poñer as cousas no sitio. Fachendar do goberno amigo de Rueda, este é todo traballo de oposición que fai o PP de Neda.
O documento, impulsado pola Mancomunidad de municipios da comarca de Ferrol, despois de moita presión dende organizacións cidadás como o Foro Cidadán polo Ferrocarril. Na declaración exprésase a preocupación poas inxustas e enormes carencias que as nosas comarcas padecen en materia ferroviaria, destacando as deficiencias en infraestructuras, a escaseza de servizos e os tempos de viaxe. Todo isto debuxa un panorama moi negativo.
A declaración é unha radiografía bastante acaída da situación, da exclusión desta comarca do Eixo Atlántico ferroviario de Alta Velocidade e as deficientes conexión co resto da rede ferroviaria galega e estatal.
Sae con unanimidade
Se levanta a sesion as 12:15
O servizo de comunicación e propaganda contratado polo Concello xa enviou nota de prensa triunfalista ós medios. Podedes ler xa unha nova do Diario de Ferrol: Neda aplicará medidas correctoras para evitar cortes en el abastecimiento de agua que recolle afirmacións como estas:
Así, el ejecutivo invertirá unos 30.000 euros en aumentar la capacidad de bombeo desde el Belelle que llega a la Estación de Tratamiento de Agua Potable (ETAP) dos Pazos. En concreto, se instalará una nueva bomba que permita pasar de los actuales 80 metros cúbicos por hora a los 100, “equiparando a capacidade de entrada coa capacidade real de tratamento da estación potabilizadora”, explica el gobierno que dirige Ángel Alvariño.
Dende MOVENEDA non temos moi claro quen debe facerse cargo de asumir o custe de ditas milloras. E por isto que levamos anos reclamando ver os contratos e acordos con VIAQUA, onde debe delimitarse as responsabilidades de cada parte.
No pasado pleno o alcalde comprometeuse a facilitarnos, por fin, ditos acordos e contratos. Seguimos á espera.
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |