Publicamos o video do Pleno Extraordinario do Concello de Neda celebrado onte martes 3 de novembro. O punto unico da orde do dia era a votacion da adhesion de Neda o Convenio de Transporte Metropolitano da area de Ferrol proposto pola Xunta de Galicia, que regula o servizo, prezos e bonificacions do transporte publico.
O pleno so durou 8 minutos, porque a exposicion de motivos do alcalde foi breve xa que unicamente puido dicir que era necesario e era bon para Neda. Por parte da oposicion, o PP non fixo preguntas e votou a favor. Polo grupo mixto, a Concelleira do BNG Neda, Cristina Bouza, non asistiu o pleno.
Por parte de MOVENEDA, o concelleiro Juan Carlos Pita efectuou varias preguntas sobre as negociacions que levou a cabo o concello e pola formula aplicada para calcular a achega que Neda aporta neste convenio. A estas preguntas, o alcalde Alvariño non deu mais resposta que repetir a exposicion: "e bon para Neda e se leva facendo asi moitos anos". O concelleiro Pita tamen destacou a actitude antidemocratica do Concelleiro encargado da Area de Transportes, Jose Manuel Sanmartin, que na Comision de area da semana pasada se negou a informar os concelleiros sobre este Convenio de Transporte
A adhesion foi aprobada cos votos a favor de PSOE e PP, e a abstencion de MOVENEDA
{youtube}fWTsmdXqzhk{/youtube}
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |