Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Pleno Extraordinario do Concello o vindeiro lúns 27 de outubro

Visitas: 207

O alcalde ven de convocar Pleno Extraordinario do Concello para o vindeiro lúns, día 27 de outubro as 12:00 horas. Será no salón de sesións da Casa do Concello

A orde día é a seguinte:

  1. Aprobación do POS+ Adicional 4/2025 para gasto corrente.

  2. Modificación do proxecto “Reforma e adecuación de arquivo e pintado de fachadas da Casa da Cultura de Neda”, incluído no POS+ Adicional 2/2025.

  3. Preaviso de prórroga do contrato de “Servizo de axuda a domicilio nas modalidades de dependencia e básica ou libre concorrencia”.

  4. Declaración institucional por un tren do século XXI para Ferrolterra, Eume e Ortegal.

Como xa é habitual en MOVENEDA, convidamos a toda a veciñanza a asistir e exercer o seu dereito a participacion democratica na vida publica e politica do noso concello.


Etiquetas:

moveneda, comunicados de prensa, plenos


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.