Dos 85.000 euros anunciados polo Concello de Neda en axudas do Plan Social da Deputacion, pouco mais de 7.000€ proceden de fondos propios.
O alcalde dicia en campaña electoral que as arcas municipais estaban saneadas e con #superavit. Enton, volvemos a preguntarnos, por que o concello so pode aportar eses 7.000 €?
Un dos anuncios e o de destinar uns 9.000€ a contratacion dunha persoa para reforzar as tarefas administrativas dos Servizos Sociais. Se o goberno de Alvariño tivera cuberto neste seis anos parte das prazas vacantes do persoal do Concello, agora non se necesitaria este reforzo e poderian adicarse estes cartos a outras temas, como as axudas a persoas sen fogar ou situacion precaria.
Ademais en MOVENEDA non compartimos que as administracions publicas contribuan a #empeorar as condicions laborais dos traballadores, xa que este contrato vai ser a tempo parcial. A administracion debe dar exemplo e fomentar o emprego en condicions dignas.
Por suposto, parecenos perfecto o anuncio das exencions fiscais e de taxas, e as axudas a familias para pagar alugueres e outros gastos, xa que son moi necesarias, pero esperemos que non pase como coas axudas da Deputacion a pequenas empresas e autonomos que ainda non son efectivas.
Hai case un ano, dende MOVENEDA fixemos unha bateria de propostas de axudas a estes colectivos. Non foi atendida e tildouse de "demagoxica". Agora, desafortunadamente, xa temos moitos negocios pechados definitivamente coa perda dos postos de traballo.
A comparativa coas medidas economicas e sociais tomadas nos concellos da bisbarra e demoledora. Outros concellos similares ao noso xa axudaron os seus veciños moito antes e de xeito mais potente.
Por outra banda, o goberno de Alvariño nin consulta nin informa o resto das forzas politicas no referente a inversions ou medidas a tomar. Tampouco nada lle serve do que propon a oposicion. Un dato: A reunion cos representantes do persoal de Galicia Textil foi unha das poucas veces en seis anos onde se convocou a todalas forzas politicas a tratar un asunto de importancia no concello.
Estas non son formas democraticas. Por iso, MOVENEDA non sera nunca complice deste xeito de facer politica
moveneda, comunicados de prensa, concello de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |