MOVENEDA rexistrou no concello duas solicitudes de informacion. A primeira delas referida aos contratos e a documentacion adicional dos Concello de Neda con VIAQUA.
Reclamamos ve-lo contrato de VIAQUA para saber exactamente que obrigas ten esa empresa. MOVENEDA opina que, á vista das condicións recollidas neses contratos, é posible que a concesionaria VIAQUA deba asumir parte ou incluso todos os gastos derivados do mantemento e inversións na rede.
O alcalde Alvariño leva máis de 10 anos agochando ós veciños e os representantes dos veciños o contrato de VIAQUA, unha información que por lei esta obrigado a dar á oposición.
Foi por isto que MOVENEDA xa denunciou o asunto várias veces á Valedora do Pobo e da que obtivemos respaldo á nosa demanda. Lamentablemente o alcalde, non so segue a desobedecer as várias resolucións da Valedora, senon que tamén falta a súa propia palabra, posto que no pasado pleno de setembro, respondeulle a nosa compañeira Neiva Tristão que lle ia facilitar a documentación.
Tamén rexistramos unha solicitude para coñecer o contrato de aluguer do camión de recollida de basuras coa empresa AUTOMOCION VILAR DO COLO SL
goberno de Neda, Valedora do Pobo
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |