Hai máis dun ano reclamamos que se supervisara o estado dunha fenda entre a beirarrúa e a estrada na Volta do Poulo, con perigo de derrube.
Ata hai 5 meses o goberno municipal non se interesou por esta problemática e o único paso que deron foi poñelo en coñecemento da Axencia Galega de Infraestruturas (AGI) esta situación.
AGI ten a competencia deste vial, pero descargou a súa responsabilidade dicindo que ao ser a beirarrúa propiedade municipal, é o concello o que ten que solucionar o problema.
No pasado pleno do 9 de xuño quedou patente que o goberno municipal non fixo absolutamente nada máis e que a súa intención é esforzarse en litigar coa AGI máis que solucionar esta situación.
E mentras as administracións se botan a pelota os uns aos outros a fenda medrou considerablemente, como se ve nas fotos.
No caso de que este vial se vexa danado gravemente, como parece que vai suceder, o desvío do tráfico, sobre todo o pesado, semella imposible por outras vías alternativas.
Estamos ante unha situación gravísima e esiximos do goberno municipal que faga o seu traballo e actúe con responsabilidade
xunta de galicia, concello de Neda, goberno de Neda, plenos, servizos municipais
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |