Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Paso de peóns no Poulo: A seguridade viaria non é unha prioridade para o alcalde

Visitas: 191

Van case dous anos de espera dende que os veciños na Volta do Poulo pediron un paso de peóns para millorar a seguridade na zona.

Dende MOVENEDA pedimos tamén que aproveitasen as obras para mellorar tamén as barandillas e as beirarrúas da contorna, quitando barreiras arquitectónicas.

As administracións competentes xa diron o visto bon ao proxecto do Concello hai agora xusto un ano, pero o goberno municipal foi incapaz de poñelo en marcha.

Cales son as excusas para que esta obra non estea xa feita??

O Alcalde recoñece a súa incompetencia

A última novidade é que o Concello de Neda recoñece que o lugar inicialmente designado non era axeitado e que “se equivocó de sitio”. Agora din que van movelo máis arriba do lugar inicial e hai que volver a pedir permisos, hai que reiniciar todo o procedimento. Dous anos perdidos.

As ocurrencias brillantes de Alvariño

A ocurrencia luminosa do alcalde é que a carretera pase a "competencia municipal hasta la Muchiqueira. Alvariño non da pintado as raias dun paso de peóns e quere xestionar unha estrada autonómica, Deus nos libre!!

Os veciños de Neda non merecemos un goberno que xoga coa seguridade viaria, incapaz de proxectar e xestionar un paso de peons.

En #Neda merecemos máis


Etiquetas:

moveneda, xunta de galicia, comunicados de prensa, servizos municipais


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.