No pasado #PlenoOrdinario do Concello de Neda preguntouselle ó goberno municipal se coñecía algún plan de instalación de eólicos no concello. O alcalde asegurou descoñecer a existencia de proxectos, pero o señor secretario terciou para aclarar que sí había unha solicitude para instalar unha estación meteorolóxica e anemométrica, como primeiro paso para evaluar a rendibilidade eólica da zona.
Hoxe enteramonos, grazas a Asociación Cultural Ferrolterra Antiga da existencia do proxecto eólico #ParqueCaaveiro, que afecta a nosa comarca e a súa contorna, concretamente aos concelllos de Fene, San Saduriño, Cabanas, A Capela, As Pontes e #Neda. Neste caso trátanse de 15 eólicos distribuidos polos montes de Ancos, Marraxón, da Serra, O Leboreiro, A Pena Moura e As Louseiras.
Na memória de avaliación do impacto sobre o patrimonio cultural sinálase que este proxecto afecta a 37 bens patrimoniais (igrexas, castros, mámoas..) e se recoñece o impacto severo sobre 7 dos 37 bens culturais. Concretamente, os bens máis afectados serían algúns dos enterramentos megalíticos (mámoas) do #Marraxón e as #Louseiras.
O mais preocupante é que nos enteramos de que o proxecto 𝙭𝙖 𝙚𝙨𝙩𝙖́ 𝙚𝙣 𝙛𝙖𝙨𝙚 𝙙𝙚 𝙖𝙡𝙚𝙜𝙖𝙘𝙞𝙤́𝙣𝙨.
Isto levanos a pensar que o alcalde #Alvariño volveu mentir no pleno ou que non se entera de nada. Calquera das dúas opcións é grave.
Dende #MOVENEDA esiximos inmediatamente ó alcalde Alvariño que convoque de urxencia unha #XuntaDePortavoces e informe cumpridamente do que sabe ou do que non sabe, como primeiro paso de cara a artellar a resposta que este Concello e os veciños debemos dar ante un novo plan de expolio dos nosos recursos e o estragamento do noso patrimonio natural e cultural.
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |