Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Obras paradas na rotonda de Xubia: Por qué e ata cando?

Visitas: 576

Nas últimas semanas toda a veciñanza puidemos comprobar como as obras da rotonda de Xubia están completamente paralizadas.

Dende MOVENEDA sempre puxemos en cuestión a prioridade real desta intervención que so ten explicación polo seu evidente compoñente electoralista.

Calquera persoa lúcida se da conta que o Partido Popular quere reforzar a impresion de que Eladio Romero posúe unha intensa capacidade de intermediación coas institucións que controla o seu partido e que, grazas a iso, “pode conseguir cousas para Neda”.

En MOVENEDA pensamos que son moito máis necesarias e urxentes outras intervecións como o paso de peóns do Poulo ou regular a velocidade na Avenida de Alxeciras e, por extensión, aumentar a seguridade dos peons en toda a AC-115 que atravesa Neda.

As máquinas marchan: síntoma dun parón prolongado

Nas últimas semanas, ademais da ausencia total de traballo na zona, puidemos ver como a empresa de aluguer de maquinaria Rilo retirou equipos e diversas maquinas. Este feito é un indicador evidente: o parón non é puntual, senón que previsiblemente se vai prolongar no tempo.

Que está pasando realmente?

O parón xa deu pe á rumoroloxía, pero dende MOVENEDA preferimos pensar que existen causas técnicas ou administrativas e que o Goberno galego, o PP local e o goberno do Concello deberían dar explicacións inmediatamente e con transparencia.

Esiximos explicacións inmediatas

Tanto Eladio Romero, que presume reiteradamente das súas "excelentes conexións" coa Xunta e coa Axencia Galega de Infraestruturas, como Martina Aneiros, sempre disposta a fotografiarse por Neda para anunciar proxectos, deben dar explicacións claras:

  • Que está a ocorrer nas obras da rotonda de Xubia?

  • Cal é o motivo real desta paralización?

  • Canto tempo se prevé que dure o parón?

  • Canto tempo máis deberán soportar os veciños e veciñas as molestias e inseguridades derivadas desta situación?

Pola súa parte, o Goberno do concello deberia estar xa pedindo explicacións.

A cidadanía merece información honesta e precisa. Xa abonda de propaganda electoralista e anuncios baleiros: é hora de responsabilidades e transparencia.


Etiquetas:

xunta de galicia, comunicados de prensa, concello de Neda


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.