Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

O TSXG suspende os permisos concedidos pola Xunta de Galicia a Greenalia

Visitas: 355

Hoxe o TSXG suspende os permisos concedidos pola Xunta de Galicia a Greenalia para construír o parque eólico #MonteToural. Esta suspensión que se suma aos tamén paralizados #Bustelo e #Campelo. Pleno. Tres de tres. 

A sala do TSXG asegura que "concorren as circunstancias que xustifican a adopción da medida precautoria solicitada" porque é "clara" a existencia dun hábitat ecolóxico que "con certeza" se vai a ver afectado as obras.

Se acredita "un risco de daño irreparable derivado da execución das obras que permite a autorización".

Ademais, subliña que ese hábitat está recoñecido no Inventario de Humedais de Galicia e no Catálogo de Paisaxes de Galicia, na área de especial protección paisaxística, así como que as especies ameazadas ou en perigo de extinción aparecen catalogadas.

O que cómpre preguntarse e por que, con que base, e que criterios, o Goberno galego considerou que os parques eólicos Bustelo, Campelo e Monte Toural cumprían os requisitos. Esta decisión da Xustiza pon en evidencia que a política eólica da Xunta está sometida ós intereses das empresas enerxéticas e non aos intereses xerais.

E importante non esquecer que os parques eólicos Bustelo, Campelo e Monte Toural foron declarados "proxectos de interese especial" polo Consello da Xunta do 26 de abril de 2018. Naquel momento, #BeaMato, era conselleira do Medio Ambiente.

Hoxe traballa para #Greenalia. Non son portas xiratorias: é a corrupcion do PP.

Parabéns ós veciños de #Coristanco e a #ADEGA pola súa loita. Loitar sempre da resultados.


Etiquetas:

ecoloxía e medio ambente, comunicados de prensa


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.