Un fallo do Tibunal Supremo obriga a devolver as peaxes cobradas entre 2015 e 2018 e reabre o debate pola xestión da AP-9
A recente sentenza do Tribunal Supremo que obriga a Audasa a devolver as peaxes cobradas durante as obras da ponte de Rande entre 2015 e 2018 supón, segundo o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, “un varapau non só para a concesionaria, senón tamén para o Goberno do PP que presidía Mariano Rajoy”.
Losada criticou que o Executivo de entón “mirou para outro lado e consentiu o que a xustiza acaba de cualificar como un abuso”. O representante do Goberno central lembrou que o PP agora reclama o traspaso da AP-9 libre de cargas, cando “cando gobernaba tratou a autoestrada con criterios estritamente comerciais”.
O PP extendeu o lucro privado da AP9 ata o ano 2048 “O Goberno de Aznar privatizou a vía ata o ano 2048 e Rajoy consentiu anos de atascos quilométricos”, afirmou Losada, lembrando ademais que o propio Rajoy, acompañado por Alberto Núñez Feijóo, “chegou a inaugurar as obras da ponte de Rande en 2017 cando aínda non estaban rematadas”.
Para o subdelegado, a decisión do Supremo é “outro fotograma máis da película tráxica e cómica do PP sobre a xestión da autoestrada do Atlántico”, que continúa coa “grotesca escenificación” que, ao seu xuízo, “mantén a Xunta e o PP nas Cortes”.
As rimbomabntes declaracions de Losada, do PSOE contrastan co seu silencio cando se trata de comentar a negativa do goberno central, do seu partido, que descarta liberar a AP-9 polo seu “altísimo custo”. O Ministerio de Transportes insiste en que o rescate da concesión sería inasumible para o Estado. Estes son os argumentos cos que o Goberno central volveu descartar a posibilidade de liberar a AP-9, a principal vía de comunicación do Eixo Atlántico galego. A secretaria xeral de Transporte Terrestre, Rocío Báguena Rodríguez, explicou no Congreso que “non é viable” proceder á liberación da autoestrada polo “altísimo volume de gastos que iso suporía”, advertindo ademais de que tería “efectos claramente lesivos para o Estado”.
Durante a comisión de Transportes, o deputado popular Célso Delgado preguntou ao Ministerio polas previsións para iniciar o proceso de rescate da concesión e a liberalización das peaxes. En resposta, Báguena lembrou que o ministro Óscar Puente xa abordou este asunto en varias ocasións, sinalando que a situación actual deriva das decisións tomadas polos gobernos de José María Aznar, quen ampliou e privatizou a concesión da AP-9 nos anos 2000 e 2003.
“A situación da autoestrada está marcada por un contrato concesional en vigor, cunha duración total de 75 anos e con tarifas establecidas que deben cumprirse”, apuntou Báguena. “O rescate suporía un gasto inasumible pola Administración e tería consecuencias negativas para o Estado”, concluíu.
galicia, xunta de galicia, comunicados de prensa
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |