Este verán, o servizo de bar da Cobeluda xa ten quen o xestione, é a empresa Catering Ferrolterra.
Esta foi a empresa ADXUDICATARIA tras a invitación do Concello de Neda a outras tres que finalmente non se presentaron:
145 euros pola concesiónA única candidata fíxose coa concesión pagando 145,20 € ao ano.
Dende MOVENEDA lamentamos que o goberno municipal non se lle ocurrira convidar ó concurso a ningunha "persoas e empresas de Neda" tal e como dicía Alvariño que ía promocionar as empresas locais cando eran as eleccións. Pasada a época de maravillas e promesas... xa nin se acorda.
Tamen pode ser que non hai empresas en Neda interesadas en explotar e xestionar a Cobeluda... pode ser.
Tamén lamentamos que ó concurso non se lle deu a publicidade que merece tal oferta pública. Os "servizos de comunicación" do concello si foron dilixentes para informar, pero só cando xa estaba adxudicada.
O proceso foi legal, evidentemente, pero non nos parece o xeito máis transparente nin máis beneficioso para Neda e os veciños.
Agardamos e vixiaremos para que o vindeiro ano o concurso se faga coa debida publicidade e moitísima máis transparencia.
ecoloxía e medio ambente, comunicados de prensa, concello de Neda, goberno de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |