Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

O pleno do veto antidemocratico - Xullo de 2018

Visitas: 278

Publicamos o video do Pleno Ordinario do Concello de Neda celebrado o pasado luns 30 de xullo de 2018.

Neste pleno, e por primeira vez na lexislatura, vetouse polo Alcalde o feito de que MOVENEDA presentase tres mocions para o seu debate e votacion no mesmo dun xeito antidemocratico, autoritario e, ao ser un acto dictado como unha potestade discrecional, sin que o Alcalde motivara esta decision. Membros do seu propio partido teñen calificado feitos similares, cando son eles os que sufren, como "actitudes absolutistas e caciquiles".

Tratabase dun pleno ordinario, as mocions presentaronse como no resto da lexislatura antes da comision previa ao pleno, polo que o veto conxunto de PSOE, PP, BNG e CG so pode entenderse dentro da estratexia de torpedeo e de dificultar a laboura de participacion e control que MOVENEDA exerce de xeito lexitimo.

Xa metidos no contido do pleno, destacamos que se aprobaron as licitacions dos contratos do Servizo de Limpeza de de edificios e locais municipais, do mantemento do pavillon deportivo e instalacions anexas.
Minuto 3:00

Tamen se aprobou licitar o expediente para a contratacion dos Servizo de Axuda no Fogar

Minuto 11:20

Se procedeu a ler unha Declaracion Institucional de apoio os Afectados por Motorkar y Opel.
Minuto 19:25

Os propios Afectados leron unha carta ao pleno.
Minuto 20:55

Xa no turno de Rogos e Preguntas, os concelleiros de #MOVENEDA protestaron polo veto as nosas mocions.

Minuto 26:00 -

Minuto 29.00 -

Membros da Plataforma Na Defensa Das Pensions Publicas Ferrolterra leron un comunicado de protesta polo veto a sua mocion, que provocou o abandono do pleno por parte dos concelleiros do Partido Popular.
Minuto 48:00 

Fuxida do PP: Minuto 50:32 

Veciños de Trasmonte protestaron o alcalde Angel Alvariño polo estado dos camiños na sua parroquia e pediron explicacions de porque no se incluiron prioritariamente no plan de asfaltado.
Minuto 56:00


Etiquetas:

plenos


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.