Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

O Concello

Visitas: 391

Un concello e a corporacion composta por un alcalde e varios concelleiros pra a administracion dos intereses dun municipio.

Soe estar presidido por un alcalde, intendente, presidente de comuna o presidente municipal, que ostenta a presidencia da administracion local e do pleno municipal, e formado polos concelleiros o edis que, reunidos en pleno, exercen a potestade normativa a nivel local. Nalguns casos os concellos de pobos pequenos gobernanse por algun tipo de sistema asambleario, coma o tradicional que en España denominase concello aberto.

Por extension, tambien soe chamarse Concellos ou Casa do Concello a casa consistorial, o edificio que cumpre as funcions de sede principal da institucion.

Polo xeral, o concello e o organo administrativo de menor rango territorial e, polo tanto, o mai achegado o cidadan, inda que os concellos grandes poden subdividirse administrativamente en barrios, distritos, cuarteles, secciones, delegaciones e sindicaturas ou pedanias (estas xa de caracter mais rural).

O concello de Neda

O Concello de Neda e un concello da provincia da Coruña, pertencente a comarca de Ferrol, situado na ria de Ferrol. Segundo o IGE en 2014 tiña 5.327 habitantes (5.528 no 2009, 5.675 no 2006, 5.771 no 2005, 5.804 no 2004, 5.913 en 2003). O seu xentilicio (vexase no Galizionario) e «nedense».

Xeografia

O municipio de Neda mantivo unha permanente relacion de complementariedade e dependencia co centro comarcal. Dela proveñen efectos inducidos, pero tamen a suas oscilacions viñeron en paralelo coas rexistradas polo municipio urbano.

Dentro dos 5512 habitantes totais 2697 son homes e 2815 mulleres. Ata os 30 anos e maior o numero de homes que o de mulleres, pero a partir dese estrato invertese a tendencia para inclinar a composicion global do municipio. Ao longo dos seus 23,8 km², o municipio de Neda presenta 4 parroquias: Anca, Neda (San Nicolas), Neda (Santa Maria) e Viladonelle.

Conforme o ultimo nomenclator de 1991, a zona de maior concentracion territorial e Santa Maria, que conta con 3.876 habitantes, o 61,6% do total, seguida de San Nicolas, co 25,6%. Por outra parte observase unha forte tendencia cara o asentamento nos nucleos, onde residen 5860 habitantes, o 93,2%, mentres o 6,8% restante lo faino en zonas diseminadas. En Neda contabilizanse 2.126 activos, dentro dos cales existen 1644 ocupados e 482 parados. Na actualidade o sector de maior incidencia para o conxunto municipal son os servizos. Neles ocupanse 807 habitantes, o 49,1% do emprego total. Destacan principalmente os 207 cidadans dedicados a rama do comercio e as reparacions, o 12,6% do emprego total do municipio; os 119 adicados a Administracion Publica, defensa e servizos sociais, o 7,2%; e os 112 empregados na Educacion, o 6,8%. En moitos casos estas actividades realizanse no concello veciño de Ferrol, dentro das actividades propias dun foco urbano, na Educacion, Administracion e Defensa.

Neda presenta unha taxa de actividade do 39,3% e una taxa de ocupacion do 30,4%. O paro rexistrado no INEM presenta unhas altas cifras de desemprego na actualidade. En 1981 o municipio xa contaba con 490 parados, cifra que aumentou ata os 650 desempregados de 1988, cifra tope de desemprego no municipio, produto da reconversion industrial. No ano 93 mostrabase unha recuperacion importante que deixaba indice de paro en 533 habitantes, ainda que seria en 1996 cando se mostre un mellor momento neste sentido, coa reducion ata os 442 desempregados. Para 1997 aumentouse un pouco esta cifra, contabilizando, finalmente, 476 parados.

O peso comercial de Neda e dunha interesante variedade, segundo recolle o anuario comercial de 1998, onde se reflicte a presenza no municipio de 3 oficinas bancarias; 69 actividades industriais, 29 delas adicadas a construcion e 28 a industria manufactureira; 13 actividades comerciais maioristas e 93 actividades comerciais minoristas, 35 delas no entorno das actividades relacionadas coa alimentacion. Ademais, o sector da restauracion conta con 46 actividades de restauracion, bares e hostaleria. O tecido empresarial ven definido especialmente por unha serie de empresas concretas. Destaca a presencia de Galicia Textil fabricante de tecidos de algodon, que aporta a maxima facturacion do municipio, co plantel mais amplo, 99 empregados, adicados ao campo textil.

Tamen e de reseñar unha empresa adicada a construcion e as actividades contratistas, que conta con 43 empregos directos. a sua vez, temos que sinalar dous empresas maioristas, adicadas a rama da alimentacion, unha dentro da actividade de produtos comestibles e outra en fariñas e cereais.

As principais vias de comunicacion son a LC-1 (antiga N-VI) que comunica Betanzos con Ferrol, asi como a C-642 cara a Ribadeo e a C-641 cara a Lugo. En 2003 inaugurouse o acceso a AP-9 ata Ferrol cunha nova ponte sobre a ria de Ferrol. A estacion de Neda esta na liña de ferrocarril entre Ferrol-A Coruña e Monforte de Lemos.

Historia

Neda e un pequeno municipio da Coruña, situado no fondo da ria de Ferrol (ria de Xuvia). Conta cunha poboacion que apenas supera os 5.800 habitantes, nunha superficie de 24 km², que se estenden, dende a ribeira da ria e seguindo polos vales dos rios Belelle, Xuvia e Castro, en chaira, que vai ascendendo aos montes Ancos, Marraxon e Louseira. Ainda que Neda aparece citada por primeira vez en documentos do seculo X (chamada "Nida" nun documento do ano 936), conserva restos megaliticos e castrexos, o que e indicativo da importancia desta zona desde a antigüidade. A sua capital, San Nicolas, manten formas medievais e conserva edificacions dos seculos XVII e XVIII. Podemos afirmar que na Idade Media, Neda era unha vila importante, na que residian notables familias, algunhas enterradas na igrexa parroquial como os Esquiu.

Durante aqueles anos, Neda foi coñecida polo seu porto comercial e o seu estaleiro, no que foi construido o barco que participou na reconquista de Alxeciras, no ano 1344, o que fixo que o rei Afonso XI concedera a Neda os foros, que favoreceron a sua economia.

Se nos referimos ao patrimonio natural, temos que citar ao rio Belelle, un dos seus eixos de desenvolvemento no pasado. Nos seus bordos tivo lugar a evolucion da sociedade da vila, e as suas primeiras industrias forxaronse grazas as suas augas. Hoxe en dia persisten os muiños que abasteceron as industrias panadeiras, tanto dos pequenos negocios familiares como as denominadas "Casas Reales" ou "Fabricas do Bizcocho", propiedade da Casa dos Austrias, que subministraban o pan e as galletas consumidos polos mariñeiros nas travesias.

Na zona da Cascada ainda se pode desfrutar da vexetacion tipica das fragas atlanticas, polo que podemos afirmar que algo nos queda daquelas fragas de Neda, famosas e apreciadas nos seculos pasados, grazas a boa e abundante madeira que ofrecian. Grazas a esta riqueza madeireira funcionaron os estaleiros na desembocadura do Belelle, ao tempo que se abastecian as vilas veciñas.

A riqueza natural de esta zona fai que non sexa estraño atopar animais pouco visibles noutros lugares: miñatos, buxatos, garzas e parrulos, que aniñan e medran na desembocadura, onde hai unhas interesantes marismas, nas que as veces podense ver alondras.

O seu crecemento economico estivo moi vinculado ao rio Belelle e a sua sona pola boa auga. A actividade de moenda e fabricacion de alimentos para as reais fabricas que na ria se construiron para a Armada Española. Negocios que seguen a dia de hoxe co Pan de Neda e o aproveitamento electrico do ria Belelle por Union Fenosa, Electra Narahio e o rio Xuvia pola empresa Galicia Textil.

Economia

A economia do concello esta baseada na pesca, a agricultura, explotacion forestal e na sua meirande empresa: Galicia Textil. Nos ultimos anos o turismo estase a mostrar como outro importante factor. Por Neda pasa o Camiño Ingles. O novo pulo que deu a festa do Pan de Neda esta a dar unha nova oportunidade de negocio a produtos de calidade. A construcion de novos accesos como a AP-9 supuxeron outro factor importante.

Camiño ingles

Atravesa o municipio cara Compostela e podese unir co que vai ao norte cara ao santuario de Santo Andre de Teixido. A parte do camiño que pasa polo municipio nedense consiste en cruzar a ponte peonil (vindo polo paseo maritimo de Naron vese a simple vista, e unha ponte cun dobre arco), atopando o albergue enfronte, xunto a un parque e ao IES Fernando Esquio (dende Ferrol queda a uns 13 km). Logo seguindo polo paseo maritimo hai que chegar ata a Igrexa de Santa Maria de Neda, onde hai unha ponte peonil sobre o rio Belelle unha vez cruzada , torceremos cara a dereita pola primeira rua (Camiño do Paraiso), continuando por el ata a Torre do Reloxo, onde antigamente era o Hospital de Peregrinos, actualmente tratase da Casa Consistorial outro lugar onde asinar as credenciais. Seguimos cara a dereita pola Rua Real, onde podemos ver casas asoportaladas dos seculos XVII-XVIII, ata a Rua do Castro.

No cruzamento collese a dereita, xunto a Igrexa de San Nicolas de Neda do seculo XIV, que posue un cruceiro dos mas antigos de Galicia, logo retrocedemos para tomar a esquerda pola Praza da Reitoral e sair da Vila pola Avenida Morgado. Logo torcemos a dereita cara a estacion do tren, pasando por debaixo da autoestrada e torceremos enton a esquerda,ata sair a estrada AC-115.

Seguimos por esa estrada uns metros cara a dereita e logo pola primeira a esquerda (camiño do Murallon), subimos por el ata o final. Torceremos a dereita baixando ata O puntal de Arriba, logo a esquerda por Conces, despois pola primeira bifurcacion a esquerda ata a fonte e un lavadoiro, e despois a dereita, entrando no Concello de Fene.


Etiquetas:

concello de Neda


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.