Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

O Concello non é o chiringuito do PSOE nin de Alvariño

Visitas: 25

MOVENEDA quere chamar a atención da veciñanza sobre a utilización partidista dos medios de comunicación institucionais por parte do goberno municipal tras a publicación da "información oficial" sobre o pleno ordinario celebrado a pasada semana.

A nota difundida polo Concello de Neda presenta unha visión parcial e sesgada da sesión plenaria, limitándose a relatar os acordos impulsados polo goberno local e ocultando deliberadamente os debates, críticas, recursos e preguntas formuladas polos grupos da oposición.

O CONCELLO EMITE INFORMACION SESGADA E MANIPULA

Para quen lea a nota, parecería que só se falou da pasarela do Belelle, das modificacións orzamentarias e do plan económico-financeiro. 

Pois non foi así. Abordáronse tamén cuestións de relevancia para a veciñanza: a falta de convocatoria de comisións municipais, a ausencia de participación da oposición en órganos de seguimento como a Mesa de Saúde, a situación do SAF, a xestión das redes sociais municipais, os desfibriladores, os desbroces, a Cobeluda, os escombros no Canal da Mariña e numerosas cuestións relativas á transparencia e ao funcionamento democrático da institución.

Especialmente grave resulta que tampouco se informe das discrepancias expresadas sobre a elaboración das actas dos plenos, nin do voto particular presentado por MOVENEDA na aprobación da acta anterior debido á omisión de feitos relevantes acontecidos na sesión.

POR UNHA INFORMACION TRANSPARENTE, RIGOROSA E NEUTRAL

Os medios institucionais deben informar á cidadanía do que sucede no Concello. E aqui estamos a ver como constantemente se fai propaganda favorable ao goberno municipal ou ó ego dunha persoa. Os veciños e veciñas pagamos cos impostos os recursos de comunicación municipais e temos dereito a recibir unha información completa, neutral, plural e veraz sobre a actividade política da corporación.

Desde MOVENEDA queremos lembrar unha obviedade que parece necesario repetir: o Concello de Neda non é o chiringuito privado do PSOE nin de Ángel Alvariño. O Concello é de toda a veciñanza, tamén da que non votou ao PSOE. As canles institucionais non poden converterse nun boletín partidista ao servizo dun único grupo político nin de intereses privados.

Mentres o goberno local utiliza os medios públicos de comunicacion municipal para facer autobombo, a oposición continúa realizando o seu traballo de fiscalización, formulando propostas, presentando recursos cando considera que existen irregularidades e trasladando ao pleno as preocupacións da veciñanza.

MOVENEDA seguirá a defender unha información institucional rigorosa, plural e respectuosa cos principios democráticos. Porque a transparencia non consiste en contar só o que interesa ao goberno; consiste en contar a realidade completa.


Etiquetas:

comunicados de prensa, concello de Neda, goberno de Neda, plenos


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.