Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Nota de prensa conxunta de Moveneda e Somos Cabanas: pedimos un esforzo a poboacion para reducir a presion nas UCI's

Visitas: 183

Un ano despois de que a OMS declarase a COVID-19 unha emerxencia de saude publica de importancia internacional, incrementanse as chamadas reiteradas a responsabilidade do persoal sanitario. 

Facendose eco destes berros no deserto, #Moveneda e Somos Cabanas, a traves dos seus voceiros Juan Carlos Pita e Xose Manuel Sardiña, sumanse ao chamado civico a reducir os desprazamentos, sair so para o esencial ou para realizar actividade fisica en espazos abertos e a cumprir as medidas de prevencion como levar mascara, manter distancia, lavar as mans e non compartir espazos non ventilados con non conviventes.

Juan Carlos Pita e Xose Manuel Sardiña, concelleiros en Neda e Cabanas, envianlles unha mensaxe de apoio e solidariedade as sanitarias que loitan diariamente nas unidades #COVID e que estan a denunciar a falta de camas libres no #CHUF para atender doentes de COVID que ou se  intuban no momento ou morren. Son conscientes, asi mesmo, dos momentos moi duros para as persoas afectadas e para as suas familias e achegados e por iso ven mais necesario evitar mais contaxios innecesarios.

Os edis preven duas semanas moi duras ata que remita o pico de hospitalizacions polo efecto nadal do COVID, xa que os gobernos estatal de #PedroSanchez e autonomico de #Feijoo relaxaron as medidas no pasado nadal sen ter en conta a incidencia acumulada superior aos 50 casos por 100.000 habitantes, cualificada como transmision comunitaria pola Organizacion Mundial da Saude e pola Union Europea. Como consecuencia desta relaxacion normativa nun contexto desfavorable de incremento de casos, os contaxios en case todos os concellos da comarca de #Ferrol superan nestas semanas a situacion moi perigosa de mais de 500 casos por 100.000 habitantes. A superacion desta cifra, acordada entre o Estado e as Comunidades Autonomas, ten como consecuencia directa o colapso das unidades de atencion sanitaria, que se demostran incapaces de asumir o tsunami da transmision descontrolada do coronavirus.

Dada esta situacion moi perigosa, o goberno de Feijoo demostra unha vez mais que non quere reverter os recortes que lles infrinxiu aos servizos publicos como a educacion, a sanidade e a asistencia social. Asi, os servizos publicos esenciais, mais necesarios que nunca, vense desbordados para facer fronte a esta terceira onda pandemia, mais virulenta ca a de marzo de 2020 na nosa comarca, sen medios e persoal suficientes. Os dous concelleiros consideran que esta situacion de falta de medios demostrase na ausencia de cribados sanitarios en numerosos concellos da comarca, esquencida no seu conxunto unha vez mais. Reclaman nesta liña que se conte cos medios da Atencion Primaria e con test rapidos para superar a situacion de bloqueo nos concellos que levan semanas sen atencion. Tamen, consideran necesaria a formacion e contratacion de mais persoal e a apertura de novas plantas de atencion especificas nos centros hospitalarios.

Asi mesmo, Moveneda e #SomosCabanas queren parabenizar aos centros educativos e as escolas infantis polo exemplo de prevencion que realizan diariamente. Este esforzo civico de profesorado, alumnado e proxenitores presentase como un grande exemplo ao conxunto da sociedade e especialmente aos dirixentes politicos que favoreceron este terceiro andazo. 
Mentres os gobernos locais, autonomico e central seguen a enredarse en discusions inutiles e en competicions electorais esteriles, so a actuacion cidada consciente pode salvar vidas e evitar o colapso sanitario que se acaba de producir en Portugal.


Etiquetas:

comunicados de prensa


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.