O pasado 26 de xaneiro, celebrouse unha reunión entre o goberno do Concello e os grupos da oposición para informar sobre a situación e "avances" do PXOUM (Plan Xeral de Ordenación Urbana Municipal).
Na xuntanza entregousenos documentación e ofrecéronse explicacións moi xerais sobre o estado do proxecto, mencionando algúns detalles variados de zonas nas que prevén a construción de vivendas en altura, novas rúas, etc.
A impresion que temos é que a información facilitada foi pobre e insuficiente, sen concrecións relevantes, sen planificación nin calendario detallado de traballos nin moito menos unha comisión política que permita facer un seguimento rigoroso do plan.
En MOVENEDA xa estamos analizar a documentación remitida en en vindeiras datas esperamos informar con máis detalle.
Un pouco de historia O proxecto de PXOUM da época de Ignacio Cabezón naceu coxo e deslabazado. O PP carece dunha vision urbanistica de futuro e a súa unica proposta era converter Neda en "cidade dormitiorio". O proxecto desenvolveuse sen contar coa opinión dos grupos da oposición e, o que é máis grave, sen ningún proceso real de participación da veciñanza.
É necesario lembrar que daquela en 2014 o PSOE se abstivo na votación da aprobación inicial do PXOUM. Todos sabemos que o PSOE na oposición se comporta de xeito distinto a cando goberna, como este exemplo: El PSOE de Neda pide al gobierno local que licite la redacción del PXOM
O alcalde Ángel Alvariño retoma agora o traballo —subcontratado a unha empresa externa— para tentar completar o proxecto. O que antes non lles valía, agora xa no goberno, si que sirve, e en vez de elaborar un novo plan axeitado as condición de 2026, o goberno de Alvariño tentar amañar os erros e eivas dun proxecto herdado de Cabezón e que xa foi rexeitado pola Xunta con moitas e graves alegacións.
Estamos a falar do documento máis importante para definir o modelo de desenvolvemento do noso concello nas próximas décadas e, para MOVENEDA, isto non pode elaborarse a porta pechada nin de costas á cidadanía. Unha vez máis, comprobamos a falta de planificación e de transparencia que caracteriza os mandatos de Alvariño.
Tras dez anos de goberno municipal do PSOE, todos xa deberiamos ter asumido que o actual goberno municipal carece dunha visión clara sobre cara onde debe camiñar o futuro de Neda: non ten un modelo definido de crecemento, nin de servizos, nin de desenvolvemento sostible. Están adicados ó curto prazo, ó día a día, a cambiar a bombilla que se funde e a pintar barandillas. E nin iso o fan ben.
Neda precisa un PXOUM moderno, ambicioso e participativo, como o que impulsou o Concello de Valdoviño, que avanza cara o futuro delimitando 37 novos núcleos rurais e cunha planificación clara do seu territorio, cunha idea política de como queren que seña o seu concello dentro de 15 ou 25 anos.
O futuro de Neda non pode decidirse por 5 persoas nin entre catro paredes, moito menos nun despacho a centos de kilometros de eiquí. Debe construírse coa participación de todas e todos.
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |