A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros volveu visitar o noso concello. Supervisou na parroquia de Anca un proxecto fianciado coas axudas á enerxía solar fotovoltaica en vivendas, e estivo acompañada polo director do Instituto Tecnolóxico de Galicia, Pablo Fernández.
As axudas da Xunta, prazo aberto ate o 1 de decembroEsta campaña de financiamento pretende apoiar proxectos en vivendas, con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables.
Ollo: Se limita só a instalacións de xeración de electricidade en vivendas con paneis solares fotovoltaicos
Estas axudas da Xunta poden solicitarse ate 01/12/2025. Tedes toda a información na Sede Electrónica da Xunta
Visita en AncaEsta visita da delegada enmárcase dentro das prácticas electoralistas e clientelares habituais no PP, pero sérvenos para compara as politicas da Xunta coas as renovables fronte ás que "impulsa" o goberno do Concello de Neda
Debemos lembrar que en agosto de 2022 o goberno municipal modificou a ordenanza incrementando enormemente os requisitos para acceder ás bonificacións no IBI. Tamén reduciu ás bonificacións en sí e o tempo de bonificación que tiñamos os veciños para compensar a instalación de sistemas de enerxía solar, térmica ou eléctrica.
Se queredes ler máis, podedes revisar o noso comunicado de agosto de 2022 facendo Click eiquí
Mentres a Xunta convoca unhas subvencións con uns requisitos bastante asequibles, o Concello de Neda manobra para que só os ricos podidan instalar eses sistemas e acceder ás bonificacións.
moveneda, ecoloxía e medio ambente, xunta de galicia, goberno de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |