Os contratos serán temporais, a tempo parcial e cunha duración de seis meses, destinados ao mantemento de vías e espazos públicos.
O Concello de Neda anuncia un proceso selectivo para contratar catro albaneis, no marco do programa PEL-Concellos-2026 da Deputación da Coruña. A convocatoria está aberta a persoas desempregadas e pode consultarse a través dos canles oficiais do Concello (neda.gal). Quen cumpra os requisitos e teña interese debe estar atento/a ós prazos e presenta-la documentación esixida.
Como xa expresamos en outras ocasións, dende MOVENEDA facemos unha lectura crítica desta convocatoria. Estamos de novo ante contratos temporais, estacionais e a xornada parcial que pode ser incompatible con outras ocupacións. A realidade é que Concello de Deputacion son cómplices de ofrecer "empregos precarios" que explotan ós traballadores, aproveitandose da necesidade.
Esiximos que o goberno local teña unha política de emprego digna e que non explote ós traballadores como se fose un Garamendi máis.
Outra vez temos o patrón habitual dos gobernos de Alvariño. Pasou co Plan Aloumiños e outras iniciativas, e volve pasar agora con isto: apuntarse o que xa ven feito, onde teñan que traballar o mínimo e onde o concello poña poucos ou cero cartos.
Mentres esa pregunta non teña resposta, convocar catro contratos precarios e presentalo como un logro social... é unha estafa. Alguén pode defender isto como unha boa medida política?
loita obreita, comunicados de prensa, concello de Neda, goberno de Neda, Deputación de A Coruña, FEGAMP e outras institucións
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |