Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Moveneda, único grupo municipal que denuncia a corrupción no Concello de Neda

Visitas: 501

Dende Moveneda levamos anos traballando de forma seria e constante para denunciar os presuntos casos de corrupción do PP e do PSOE no nos concello. 

Así na etapa do PP de Ignacio Cabezón levamos á Fiscalía a venta de madeira nos montes municipais no Coto de Ancos supostamente por un prezo moi inferior ao de mercado, 

Tamén esiximos do goberno do PSOE de Ángel Alvariño que se "tomasen accions legais" contra a concelleira do PP, Montserrat Rico, xa que supostamente tratou de acceder a datos fiscais confidenciais dunha empresa contratada polo Concello "suplantando" a súa identidade fiscal. 

Contra o goberno do PSOE de Ángel Alvariño temos presentado denuncia ante a Inspección de Traballo por un posible delicto contra a saúde dos traballadores, coincidente casualmente coa dimisión de José Sanmartín por "razóns persoais".

Tamén impulsamos varias queixas diante da Valedora do Pobo, por temas referentes a falta de transparencia. En todos estés casos a colaboración de PP e PSOE para esclarecer o sucedido foi nula, e non digamos xa para asumir responsabilidades.

🔻No pasado pleno do día 25 de novembre esiximos ó alcalde Ángel Alvariño do PSOE que se pronunciara sobre as acusacións por parte de Eladio Romero, voceiro do PP, relativas a unhas "recalificacións" levadas a cabo nalgunha finca do concello de Neda.

Nestas declaracións, feitas nunha entrevista nun medio de comunicación, o  representante do PP acusou ó Concello de Neda de beneficiar a irmá de una concelleira do goberno cambiando a catalogación dun terreo de uso "rústico-forestal" para que esta persoa poidera edificar nel.

🔻Por unha parte isto denota a cobardía e falta de traballo por parte do representante do PP, que de ter investigado e recolleitado as probas necesarias debería haber anunciado a interposición dunha denuncia no xulgado e non espallado un rumor de taberna.

Por outra banda, a tibia reacción do Alcalde que non foi o suficientemente claro nin tallante desmentindo estes feitos e escudouse "nun malentendido", da pe a que se segan vertendo posibles bulos que van contra o Concello de #Neda que nos representa a todos, non só os seus representantes políticos.

🔻Pola nosa parte seremos os primeiros en apoiar calquera denuncia baseada en probas e presentada ante os organismos correspondentes.

Dende Moveneda imos seguir facendo un traballo serio e veraz sen deixarnos levar polo recurso fácil de espallar a merda para gañar uns votos, fuxindo das mentiras e os rumores e centrándonos nun traballo que non é moi visible pero no que cremos, sempre de cara e sen agocharnos, recollendo as queixas e suxerencias dos nosos vecinos a través dos nosos representantes e nas nosas xuntanzas semanais de traballo abertas á participación de todos.


Etiquetas:

comunicados de prensa, concello de Neda, goberno de Neda, plenos, Valedora do Pobo

Moveneda, único grupo municipal que denuncia a corrupción no Concello de Neda

outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.