Hai xa un ano que dende MOVENEDA impulsamos unha mocion pra garantir a enerxia coma servizo publico. Esta mocion discutiuse no pleno do Concello de Neda, e aprobouse co apoio e o voto a favor de PSOE e BNG e o voto en contra do Partido Popular.
En liña e coherencia co exposto naquela mocion, MOVENEDA sumase a MOBILIZACIoN CONTRA A POBREZA ENERXeTICA E A DENUNCIA DO OLIGOPOLIO ELeCTRICO prevista para esta tarde en Ferrol, e chama a toda a veciñanza de Neda a participar nesta movilizacion.
O recibo da luz volveu subir no mes de Novembro, co que acumula sete meses consecutivos de incrementos, o que representa unha suba media por fogar do 27,8%. No mes de Outubro, era o Tribunal Supremo o que dictaminaba contra do chamado “bono social”, e obrigaba a indemnizar as electricas por ter que pagar esa tarifa subvencionada que levaba dous anos en vigor. O tribunal recoñece o “dereito” das compañias electricas a cobrar unha indemnizacion polas cantidades que tiveron que asumir, o que repercutira na tarifa que temos que pagar todas.
Iberdrola, Endesa e Gas Natural-Fenosa rexistraron un beneficio conxunto nos seis primeiros meses de 2016 de perto de 2.900 millons de euros. Mentras, na Galiza son mais de 110.000 fogares afectados pola pobreza enerxetica, superandose no resto do estado os catro millons de persoas afectadas.
Mobilizamonos para esixir medidas contra da pobreza enerxetica, na sua prevencion e eliminacion, mais tamen na denuncia aos oligopolios electricos que, co apoio gobernamental, impoñen os prezos, baleirando as economias domesticas e as arcas publicas, para os seus beneficios privados.
Dende principios deste mes, veñense realizando mobilizacions en toda Europa para denunciar esta situacion. O estado neoliberal avanza na sua consolidacion e atenta contra o recoñecemento do dereito de acceso universal a enerxia e a suministracion basica, igual que do dereito a vivenda digna e adecuada, do dereito a alimentacion, aos coidados, a educacion e a saude, a un traballo ou a unha renda basica, para que cada persoa poida gozar dunhas condicions de vida dignas.
O estado neoliberal converte o dereito a enerxia, que deberia ser considerado coma un servizo publico esencial, nun negocio privado con beneficios garantidos, controlado por cinco corporacions electricas que conforman un oligopolio.
O estado neoliberal fai do dereito beneficencia e das medidas que tiñan que ser estruturais, con solucions inmediatas e prevencion, medidas paliativas perpetuadoras da pobreza e a dependencia de por vida dos servizos sociais de ducias de miles de fogares.
Polo que Reclamamos:
Neda, a 21 de Nadal de 2016
moveneda, vivenda, comunicados de prensa
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |