Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Moveneda propón unha oficina de turismo permanente… e a concelleira négase a debater ideas

Visitas: 279

Na última reunión da Comisión de Área de Turismo, dende MOVENEDA presentamos unha proposta clara, viable e pensada para mellorar a imaxe de Neda ante os que nos visitan: habilitar unha Oficina de Turismo Permanente nun emprazamento estratéxico.

En concreto, propuxemos concelleira María Ángeles Bello Salazar que o Concello podería crear unha Oficina Permanente de Turismo na planta baixa da estación de tren de Neda.

Trátase dun lugar privilexiado: próximo ao Camiño de Santiago, con fácil acceso para peregrinos, con grande espazo para estacionamento de todo tipo de vehículos (como autocaravanas) que nos visiten e cun enorme potencial como punto de acollida e información para visitantes. Pensamos que é unha proposta realista, útil e perfectamente asumible.

Esta non é unha idea pechada, está pensada para abrir o debate, sumar ideas e traballar en conxunto para millorar o concello.

NEGATIVA ROTUNDA. NIN DEBATER A PROPOSTA

A resposta da concelleira foi clara e inmediata: negativa rotunda, que "no lo ve".

Sen estudo, sen análise e, o máis preocupante, sen vontade de debate. Un “non” baseado unicamente no seu criterio persoal, pechando a porta a calquera diálogo sobre iniciativas que podidan beneficiar ao conxunto da veciñanza.

UN GOBERNO SEN IDEAS E SEN VONTADE DE ESCOITAR

Este é o problema de fondo no Concello de Neda: Padecemos un goberno sen ideas, que tampouco quere escoitar as dos demais, que rexeita o debate, que ignora sistematicamente á oposición e que desaproveita oportunidades por non aceptar propostas que non nacen do seu propio círculo.

ASÍ É IMPOSIBLE AVANZAR

Dende MOVENEDA seguiremos facendo o noso traballo: propoñer, construír e defender alternativas para mellorar Neda. Pero tamén seguiremos denunciando esta forma de gobernar pechada, esgotada e allea á colaboración que necesita a Neda do futuro. Porque en Neda merecemos máis.


Etiquetas:

moveneda, cultura, comunicados de prensa, goberno de Neda, servizos municipais


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.