Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

MOVENEDA propón bonificar o rodaxe (IVTM) dos vehículos eléctricos en Neda

Visitas: 85

A concelleira Neiva Tristão presenta unha proposta para equiparar a Neda con centos de concellos de toda España

MOVENEDA presentou este venres unha moción para modificar a Ordenanza Fiscal do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM) e introducir bonificacións de ata o 75% da cota para os vehículos eléctricos, híbridos enchufables e de gas domiciliados no municipio.

A proposta encaixa no artigo 95.6 da Lei Reguladora das Facendas Locais, que habilita ós concellos a establecer estas bonificacións. Non se trata de ningunha iniciativa excéntrica: centos de municipios de toda España xa as aplican.

COHERENCIA POLITICA

A moción tamén apunta a un argumento de coherencia política: o propio partido do alcalde Ángel Alvariño, o PSOE, aplica estas bonificacións nos concellos que goberna en toda España.

Rexeitala en Neda suporía ir en contra da liña do seu propio partido e das políticas enerxéticas e medioambientais da Unión Europea e do Goberno de España.

QUE PROPÓN A MOCIÓN?

  • 75% de bonificación do IVTM para vehículos con distintivo ambiental CERO (eléctricos puros, pila de combustible) de forma indefinida.
  • 75% durante 6 anos para híbridos enchufables e vehículos de gas con distintivo ECO.
  • Campaña de difusión e publicidade municipal para informar a toda a veciñanza.

MOVENEDA insta ao goberno municipal a aprobar inmediatamente esta medida no próximo pleno e recorda que o transporte representa preto do 25% das emisións de CO₂ en España. 

Neda ten a obriga de sumarse ás mellores prácticas para incentivar a mobilidade sostible entre a súa veciñanza.


Etiquetas:

moveneda, ecoloxía e medio ambente, comunicados de prensa, concello de Neda


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.