Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

MOVENEDA, presente na movilización a prol da Sanide Pública

Visitas: 77

MOVENEDA estivo presente na mobilización convocada en Ferrol en defensa da sanidade pública, reafirmando o noso compromiso firme e absoluto cun sistema sanitario público, universal, gratuíto e de calidade para toda a cidadanía.

O PARTIDO POPULAR ESTA A DESMANTELAR A SANIDADE

Segundo os datos expostos por SOS Sanidade Pública, as listas de espera cirúrxicas aumentaron arredor dun 30 % respecto da situación previa á pandemia, mentres que os tempos de espera para consultas especializadas e probas diagnósticas tamén rexistraron incrementos significativos.

A entidade considera que estes datos evidencian un empeoramento do sistema sanitario e cuestiona que as estatísticas oficiais reflictan a totalidade das persoas que están á espera de atención.

A XUNTA DO PP XOGA COA NOSA SAÚDE

A situación da sanidade galega evidencia cada vez con máis claridade o fracaso do modelo impulsado polo PP e pola Xunta, baseado na privatización progresiva dos servizos públicos e na entrega da saúde da cidadanía a grandes empresas privadas cuxo principal obxectivo é unicamente o seu beneficio económico.

O caso de Vigo é especialmente grave. O modelo sanitario imposto pola Xunta deixa en mans de Ribera Salud a atención de milleiros de persoas, reproducindo prácticas que xa xeraron enorme polémica noutras comunidades. As denuncias sobre o alongamento artificial das listas de espera ou casos tan escandalosos como a reutilización reiterada de catéteres dun só uso en hospitais vinculados á empresa amosan as consecuencias dun sistema onde o negocio pesa máis ca saúde das persoas.

Cada vez son máis os pacientes que abandonan este modelo privatizado e reclaman volver á sanidade pública, demostrando a crecente desconfianza cidadá cara unha xestión sanitaria baseada na mercantilización da atención médica.

POR UNA SANIDADE PÚBLICA, UNIVERSAL E GRATUÍTA

Defender a sanidade pública é defender dereitos, igualdade e dignidade. Fronte ao deterioro planificado e ás privatizacións, seguiremos mobilizándonos xunto á cidadanía e aos colectivos sociais para esixir unha sanidade 100 % pública e ao servizo das persoas.


Etiquetas:

galicia, loita obreita, xunta de galicia, comunicados de prensa


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.