MOVENEDA presentara hoxe no concello un escrito en relacion a proposta de modificacion da Ordenanza num. 17 reguladora das “Taxas pola utilizacion das instalacions na casa da Cultura e demais edificios de titularidade municipal”. No escrito pediremos que se faga un estudio pormenorizado e comparativo desta ordenanza citada anteriormente coa Ordenanza num. 11 reguladora da “Cesion de uso de locais municipais”, por entender que puideran existir inxerencias entre ambas.
Na ordenanza num. 17 estan fixadas taxas por utilizacion lucrativa e non lucrativa mediante a figura da cesion de locais municipais, en tanto en canto na ordenanza num. 11 se limita a cesion dos locais municipais a entidades que non teñan animo de lucro.
Asimesmo solicitaremos que se retiren desta ordenanza num. 17 que regula as taxas por utilizacion de locais municipais, os apartados nos que se fixan taxas por prestacion de servizos, tales como a “tarifa” que se establece para a celebracion de vodas fora dos edificios de titularidade municipal, entendendo que este tipo de taxa deberia estar recollida nunha regulacion especifica.
Unha vez aclarados os puntos anteriormente expostos, o grupo municipal MOVENEDA presentara a sua proposta de modificacion da Ordenanza num. 17 no momento do debate na Comision Informativa correspondente.
moveneda, comunicados de prensa, concello de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |