Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Impugnamos o “Regulamento da Censura” de Alvariño para protexer os dereitos da veciñanza

Visitas: 231

Non ver, non escoitar e calar a boca. Asi quere Alvariño ós veciños. Por iso, contra a imposición da censura, resentamos un recurso contra o Regulamento de Redes Sociais, por consideralo nulo de pleno dereito ó vulnerar dereitos fundamentais de participación e liberdade de expresión.

O Grupo Municipal de MOVENEDA vén de formalizar a interposición dun recurso potestativo de reposición contra o acordo adoptado no Pleno do pasado 30 de marzo de 2026, no que o goberno de Ángel Alvariño aprobou, de xeito unilateral, unha pretendida “Normativa de participación nas redes sociais oficiais do Concello.

Dende o noso punto de vista o contido deste documento recorta liberdades e vulnera os dereitos fundamentais recollidos na Constitución. 

Esta Normativa se aprobou sin que houbera un ditame xurídico previo que verificara que o texto cumplía coa legalidade. Votaron a favor o alcalde e os concelleiros e concelleiras do PSOE, cos votos en contra de MOVENEDA e on resto da oposición.

UNHA PROPOSTA SEN NEGOCIACION E SEN GARANTÍAS LEGAIS

O regulamento non foi debatido previamente nin no pleno e foi unha imposición feita polo goberno de Alvariño sen máis, en un alarde de prepotencia e falta de espíritu democrático.

O texto que aprobaron é un claro atentado contra a transparencia, a liberdade de expresión, e vulnera o dereito á participación política recollida na Constitución.

RAZONS DO RECURSO: CONTRA A ARBITRARIEDADE E A CENSURA

Por esta razón, e tras consultar á nosa asesoría xurídica, dende MOVENEDA presentamos un recurso de reposición contra o acordo do pleno solicitando que se suspenda a execución desta normativa.

Non podemos deixar que se pisen os dereitos da cidadanía e dos seus representantes de xeito tan descarado. Esperemos que reflexionen e recuperen o sentido común, o sentido ético e o sentido democrático.


Etiquetas:

moveneda, comunicados de prensa, concello de Neda


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.