Como non pode ser doutro xeito, MOVENEDA solidarízase cos veciños de A Ulloa, que ven perigrar o seu xeito de vida, as súas propiedades e entorno natural por culpa da codicia de empresas e os seu lacaios políticos.
MOVENEDA apoia esta mobilización en Santiago contra o proxecto de ALTRI en Palas de Rei por solidariedade cos veciños da Ulloa, do mesmo xeito que milleiros de galegos se solidarizaron cos veciños de Neda cando estabamos ameazados polo parque eólico Caaveiro.
MOVENEDA está en contra da pasteira ALTRI porque ameaza os nosos montes, a biodiversidade e o benestar das persoas e familias da Ulloa e máis aló.
Centrar a protesta no bosque e na defensa da natureza é un símbolo claro de rexeitamento a un modelo que prioriza o eucalipto e os intereses industriais fronte á protección ambiental.
A firme organización popular e veciñal é a única forma de preservar o noso territorio e futuro.
ecoloxía e medio ambente, galicia, xunta de galicia
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |