Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Neglixencia do goberno de Neda ante os abusos da empresa concesionaria do SAF, OS VENTOS

Visitas: 37

Dende MOVENEDA queremos expresar a nosa máis firme condena á absoluta pasividade e neglixencia do goberno de Neda ante a grave situación que están a sufrir as traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), xestionado pola empresa concesionaria OS VENTOS.

As informacións publicadas recentemente en distintos medios de comunicación confirman o que MOVENEDA leva xa moitos meses denunciando: un contexto de explotación laboral, baixos salarios, precariedade, ritmos de traballo inhumanos, vulneración sistemática de dereitos e mesmo situacións de acoso e represalias contra as traballadoras e delegadas sindicais.

Resulta inaceptable que, coñecendo esta realidade e fachendando de "ser un partido de esquerda", o goberno municipal do PSOE continúe a mirar cara outro lado, sen adoptar medidas contundentes para poñer fin a estes abusos

A XESTION PRIVADA, UN ROUBO E UN ABUSO AS TRABALLADORAS

A responsabilidade é da empresa e tamén do Goberno do Concello, que foi quen decidiu externalizar o servizo e entregalo a unha empresa filibustera que agora está a ser sinalada pola súa xestión profundamente lesiva para as traballadoras e para a calidade do propio servizo.

Dende MOVENEDA levamos tempo advertindo que o modelo de xestión privatizada só beneficia a empresas que priorizan o beneficio económico por riba do benestar das persoas usuarias e das condicións laborais das traballadoras. O que está a acontecer co SAF en Neda é un exemplo claro das consecuencias deste modelo: precariedade, explotación e deterioro do servizo público.

MOVENEDA TEN ALTERNATIVA: REMUNICIPALIZAR O SERVIZO

Mentres o goberno e outras forzas calan, MOVENEDA reitera con firmeza que existe unha alternativa viable e necesaria: a remunicipalización do Servizo de Axuda no Fogar. MOVENEDA defende a creación dunha empresa municipal que xestione directamente o SAF, garantindo condicións laborais dignas, estabilidade para as traballadoras e un servizo de calidade centrado nas necesidades da veciñanza.

Non se trata só de poñer fin aos abusos actuais, senón de construír un modelo xusto, transparente e responsable. É hora de retirar do medio ás empresas filibusteras e explotadoras e apostar por unha xestión pública directa que poña as persoas no centro.

ESIXIMOS QUE O GOBERNO DE ALVARIÑO ACTUE XA!

Esiximos ao goberno de Alvariño que deixe de agocarse e asuma a súa responsabilidade, que actúe de inmediato para investigar e deter as prácticas denunciadas, que abandone a súa teima de privatizalo todos os servizos municiapais e que abra o camiño cara á remunicipalización do SAF.

MOVENEDA seguirá ao lado das traballadoras, defendendo os seus dereitos e loitando por uns servizos públicos dignos para toda a veciñanza.


Etiquetas:

loita obreita, comunicados de prensa, concello de Neda, servizos municipais


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.