Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Moveneda denuncia o abandono da Cobeluda e proba que o alcalde minte no pleno

Visitas: 103

MOVENEDA denunciou no pleno municipal do pasado luns 25 de maio o estado de abandono da área recreativa da Cobeluda e preguntou ao alcalde se este será o terceiro ano consecutivo no que os veciños e veciñas de Neda non poidan gozar deste espazo emblemático.

O CONCELLO INCUMPRE A LEI

A concelleira Neiva Tristão presentou por rexistro unhas preguntas sobre a Cobeluda hai máis de dous meses. O goberno municipal non a respondeu, incumprindo unha vez máis o prazo legal de cinco días ós que lle obriga a lei para contestar ás preguntas escritas dos concelleiros. Nin foi o primeiro caso, nin lamentablemente agardamos que sexa o último.

TI PREGUNTA, EU REPONDO O QUE ME PETA

No pleno, o alcalde evitou responder con claridade sobre se vai licitar ou non o chiringuito e limitouse a afirmar que "non hai hostaleiros interesados".

Dende MOVENEDA consideramos que esta afirmación é falsa por completo: como se pode saber se hai ou non hostaleiros interesados se o Concello leva tres anos sen ofertar?

Pero o peor chegou despois e onde a situación pasa de grave a inadmisible: o alcalde afirmou no pleno que o Concello "xa estaba acondicionando" a zona. 

PROBAS IRREBATIBLES DAS MENTIRAS

A mesma tarde do luns, membros de MOVENEDA desprazámonos ata a Cobeluda para ver cos nosos propios ollos o estado real das instalacións. As máis de vinte fotografías tomadas esa mesma tarde demostran a realidade.

O que atopamos foi un espazo con herba alta, suciedade acumulada, moitos elementos deteriorados e numerosas reparacións pendentes tras os temporais do inverno. Unhas reparacións que MOVENEDA reclamaou ao concelleiro Ángel García Cordero en repetidas ocasións sen obter resposta. É evidente que non fixo absolutemente nada.

O ESTADO DA COBELUDA É DE NEGLIXENTE ABANDONO

A Cobeluda é espazo público en estado calamitoso, abandonado, que non está en condicións mínimas de seguridade e presentación para recibir á veciñanza e visitantes no verán e que non pode resultar atractivo para ningún hosteleiro.

"Non sei que é máis grave, o abandono da Cobeluda ou que o alcalde me minta descaradamente no pleno municipal e lle minta tamén a todos os veciños e veciñas de Neda", sinala a concelleira Neiva Tristão.

En Neda non merecemos un alcalde que non responde á oposición e que falta constantemente á verdade para tapar a súa absoluta incapacidade de xestión.


Etiquetas:

moveneda, ecoloxía e medio ambente, comunicados de prensa, servizos municipais


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.