Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Grazas polo voso apoio: moveneda.org consolídase como medio de información en Neda

Visitas: 164

O seguimento dos resultados mes a mes dende que voltamos a por moveneda.org en marcha non poden ser máis positivos e confirman que consolídase como medio onde on veciños acoden a ver información útil do noso concello.

Grazas polo voso apoio e confianza.

No último mes, rexístranse baixadas polo parón das vacacións de Nadal

O informe trimestral de Google Analytis é positivo

Durante o último trimestre, a web moveneda.org experimentou un crecemento moi significativo en todos os indicadores clave:

  • Usuarios activos: 1.500 📈 Incremento do 692,0 % respecto ao período anterior.

  • Primeiras visitas: 1.400 📈 Aumento do 670,6 %, o que indica unha forte capacidade de atraer novos usuarios.

  • Vistas de páxina: 6.500 📈 Suba do 433,4 %, reflectindo un maior consumo de contidos.

  • Número de eventos: 16.000 📈 Incremento do 442,3 %, asociado a unha interacción moito máis elevada coa web.

Estes datos confirman un salto cuantitativo moi relevante no alcance e uso da páxina.

No plano da evolución temporal

  • O trimestre comeza cun nivel alto de tráfico, seguido dunha fase de descenso progresivo durante o mes de decembro. A partir de xaneiro obsérvase unha recuperación clara e sostida, con repunte de usuarios e vistas cara ao final do período. A comparación co período anterior mostra que o tráfico previo era practicamente inexistente, polo que o crecemento porcentual responde á activación real da web como canle informativa.

  • Os picos de actividade coinciden previsiblemente con publicacións de contidos concretos ou accións de difusión, o que reforza a importancia da actualización regular.

As conclusións sinalan que moveneda.org consolídase como ferramenta útil de información municipal, cun aumento moi notable da visibilidade. O elevado número de primeiras visitas indica que a web está chegando a novos públicos, máis alá dos usuarios recorrentes. A evolución non é completamente lineal, polo que o tráfico depende aínda de accións comunicativas específicas. O balance trimestral é claramente positivo, malia as oscilacións internas.

Unha política de comunicación transparente

En MOVENEDA de sempre asumimos a tarefa de informar ós veciños do que acontece no concello. Tamén asumimos a tarefa de combater a desinformación e propaganda emitida polo goberno municipal así como os bulos espallados polos que se agochan cobardemente no anonimato.

Así, algún dos artigos máis lidos na nosa web son, precisamente, os que combaten bulos, como o da praza do consexe de Maciñeira:

ou

 


Etiquetas:

moveneda, concello de Neda


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.