Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Moveneda celebra que o Concello de Neda descubra por fin a Volta do Poulo (aínda que sexa con máis dun ano de retraso)

Visitas: 323

Dende MOVENEDA queremos expresar a nosa satisfacción ao comprobar que, despois de máis dun ano de avisos, denuncias públicas e advertencias reiteradas por parte da veciñanza e do noso colectivo, o Concello de Neda parece ter descuberto por fin que na Volta do Poulo hai un problema serio

A prensa recolle hoxe unha nota do servizo de propaganda do concello, no que anuncian que o goberno municipal vén de solicitar á Xunta unha intervención urxente para estabilizar o vial ante o evidentisímo afundimento da calzada e o deterioro da beirarrúa.

HAI MÁIS DUN ANO QUE AVISAMOS

Debemos dicir que esta reacción chega tarde e mal. Tarde, porque o deterioro é evidente desde hai moito tempo; e mal, porque foi necesaria a presión veciñal e a evidencia incontestable da realidade para que o goberno municipal se decidira actuar.

É incrible que a este goberno municipal lle leve un ano facer unha consulta ó Catastro e mandar unha comunicación á Axencia Galega de Infraestructuras. Que estiveron a fecer durante este ano??

Pero como di o refrán, máis vale tarde que nunca… sempre que non sexa demasiado tarde.

OS NOSOS AVISOS

2025-06-11 Perigo de derrube na beirarrúa na volta do Poulo

2025-02-19 COPE: En marcha los trabajos de sustitución de las barandillas de protección en las aceras del Portazgo y O Poulo en Neda

2025-02-07 Cabodano sen celebración: o alcalde dalle a espalda ós problemas no Poulo

XA QUE ALVARIÑO RECUPERA AS GAÑAS DE TRABALLAR...

Xa que o alcalde Ángel Alvariño e o seu equipo parecen ter recuperado as gañas de traballar e descubrir os problemas do concello, animámolos a continuar e perseverar nesta nova etapa de actividade. Por exemplo, poderían tamén poñerlle algo de esforzo no asunto do paso de peóns do Poulo, que acumula xa catro anos de retraso e segue a ser unha promesa incumprida, mentres a veciñanza continúa asumindo riscos innecesarios.

Dende MOVENEDA seguiremos na liña do que levamos facendo todo este tempo: estar ao lado da veciñanza, denunciar os problemas reais e lembrar ao goberno municipal que Neda non remata na porta da casa do Concello e que gobernar non se resume só en montar entroidadas e comelladas.

Porque, por se aínda queda algunha dúbida: o Poulo existe.


Etiquetas:

moveneda, xunta de galicia, comunicados de prensa, concello de Neda, goberno de Neda


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.