Membros do comité de empresa do Centro Loxístico de Lidl en Río do Pozo, reuníronse onte con representantes dos grupos municipais do Concello de Neda.
Este colectivo de traballadoras e traballadores leva xa máis dun mes en folga indefinida para reclamar o cumprimento do convenio.
Unha das queixas que nos trasladaron é o escaso impacto do seu conflicto nos medios de comunicación.
Dende Moveneda queremos mostrar o noso total apoio á loita destes compañeiros e compañeiras, varios deles veciños Neda.
Posto que o vindeiro luns hai pleno municipal, propuxemos ó resto de grupos acordar e emitir un comunicado de apoio desta Corporación ás súas lexítimas reivindicacions e que este sexa enviado polo Servizo de Comunicacion aos medios. Agardamos así consigan a difusión e impacto que merecen.
Recordar tamen, que estes traballadores están recollendo fondos e teñen uns bonos de 5€ para axudarlles como "caixa de resistencia".
loita obreita, ferrolterra, comunicados de prensa, concello de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |