Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Moveneda apoia á loita do compañeiros e compañeiras traballadores de LIDL en Río do Pozo

Visitas: 274

Membros do comité de empresa do Centro Loxístico de Lidl en Río do Pozo, reuníronse onte con representantes dos grupos municipais do Concello de Neda. 

Este colectivo de traballadoras e traballadores leva xa máis dun mes en folga indefinida para reclamar o cumprimento do convenio. 

Unha das queixas que nos trasladaron é o escaso impacto do seu conflicto nos medios de comunicación.

Apoio de MOVENEDA

Dende Moveneda queremos mostrar o noso total apoio á loita destes compañeiros e compañeiras, varios deles veciños Neda.

Posto que o vindeiro luns hai pleno municipal, propuxemos ó resto de grupos acordar e emitir un comunicado de apoio desta Corporación ás súas lexítimas reivindicacions e que este sexa enviado polo Servizo de Comunicacion aos medios. Agardamos así consigan a difusión e impacto que merecen.

Recordar tamen, que estes traballadores están recollendo fondos e teñen uns bonos de 5€ para axudarlles como "caixa de resistencia".


Etiquetas:

loita obreita, ferrolterra, comunicados de prensa, concello de Neda


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.