Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

MOVENEDA actúa: queremos saber se o concello xa contratou os desbroces

Visitas: 193

O pasado día 13 preguntamos oficialmente ó goberno do concello se xa contratou os desbroces deste ano. 

Esperamos que non pase como outros anos onde se vai tarde, mal e a rastras e temos que escoitar ó alcalde contándonos sempre as mesmas excusas: "as empresas teñen moito traballo" ou que foi "culpa dos técnicos", cando a realidade é que non atopa empresas ó ser incapaz de contratar con antelación.

NON QUEREMOS AS CHAPUZADAS DE OUTROS ANOS

A campaña de desbroces e limpeza de marxes, camiños constitúe unha actuación de mantemento esencial para a seguridade da veciñanza, a prevención de incendios forestais e o cumprimento das obrigas municipais.

En exercicios anteriores, esta campaña non se executou nos prazos adecuados por face-las cousas sen previsión e planificación, sen suficiente antelación. Por isto pensamos que, para a laboura de control que facemos dende a oposicion, é necesario coñecer o estado da planificación desta campaña, co obxecto de evitar que se repita a situación de anos anteriores.

PEDIMOS INFORMACION DETALLADA

Queremos confirmar se o Concello xa procedeu á licitación, contratación ou solicitude de orzamentos para a campaña de desbroces municipal do ano 2026.

No suposto de que xa se iniciase o dito procedemento, queremos probas: os rexistros de saída das comunicacións remitidas ás empresas e/ou publicadas en plataformas de contratación ou as solicitudes de orzamentos ou o prego de condicións emitido. No suposto caso de que o goberno do concello aínda non iniciase a contratación, queremos saber as razóns polas que non se procedeu aínda á licitación desta campaña, e unha estimación das data previstas para o inicio do proceso

O CONCELLO TEN CINCO DIAS PARA RESPOSTAR A UNHA CONCELLEIRA

Esta pregunta, rexistrada oficialmente, obriga ó goberno municipal a responder a nosa concelleira Neiva Tristão en só 5 días (menos dunha semana laboral). Se non responde, o goberno do concello está a incumpri-la a lei. Isto é así porque as concelleiros da oposición non preguntamos por curiosidade persoal nin para fastidiar, senón porque é o noso traballo vixiar que o goberno do concello cumpre as súas responsabilidades. Sen información, non podemos facer ese traballo, e sen ese traballo, a democracia local non funciona.


Etiquetas:

comunicados de prensa, servizos municipais


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.