Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Cooperación entre concellos: garantía de futuro para Neda

Visitas: 112

Dende MOVENEDA queremos poñer en valor e apoiar os pasos dados por distintos concellos de Ferrolterra que, máis aló das cores políticas dos seus gobernos, avanzan na cooperación para compartir servizos municipais.

A iniciativa impulsada por Moeche, San Sadurniño, As Somozas e Cerdido, gobernados por forzas ben distintas como BNG e PP, demostra que cando hai vontade política é posible chegar a acordos útiles para a veciñanza.

MOVENEDA PROPUXO MANCOMUNAR A POLICIA LOCAL

Dende MOVENEDA levamos anos defendendo que o futuro dos concellos pequenos pasa por colaborar e optimizar recursos para garantir servizos públicos de calidade.

Xa en 2018 propuxemos mancomunar a Policía Local entre os concellos do ámbito do sur da Ría (Ares, Cabanas, Fene, Mugardos e Neda). Podedes ver a noticia facendo click eiqui. Esta era unha medida pensada para mellorar a seguridade, optimizar efectivos e asegurar a cobertura. Hoxe as carencias son especialmente evidentes en Neda, despois de que os gobernos de Alvariño reduxesen a plantilla á metade.

BOA ACOLLIDA XERAL EXCEPTO OS QUE SEMPRE DIN NON: O PSOE DE NEDA

Aquela proposta foi ben acollida por distintos concellos, independentemente da cor política. Gobernos do PP, PSOE e BNG valoraron positivamente unha iniciativa que respondía a unha necesidade real.

Pola contra, onde non atopou respaldo foi precisamente no Concello de Neda: O alcalde Ángel Alvariño, pasou olímpicamente dunha proposta que milloraría un servizo esencial para a veciñanza. A súa actitude responde a unha forma de facer política destructiva na que, cando as ideas non son propias, non se estudan nin se melloran: simplemente se descartan.

Incluso os profesionais acolleron con boas espectativas a proposta e mesmo a asumiron como propia: o xefe da Policia Local de Ares así o manifestou en 2023: El jefe del cuerpo en Ares propone mancomunar el servicio como solución a la precariedad

Hoxe vemos como outras administracións avanzan na mesma dirección que MOVENEDA xa defendía en 2018: compartir servizos é unha necesidade para garantir o futuro dos nosos concellos.

FRONTE A DESIDIA, MOVENEDA PROPON IDEAS

Dende MOVENEDA cremos que Neda non pode quedar atrás. A cooperación entre administracións permite aforrar custos é resulta clave para manter e reforzar servizos públicos básicos. Está en xogo a calidade de vida da veciñanza.

Por iso, fronte os que non teñen ideas de ningun tipo para Neda, agás seguir atornillados ó postiño, dende MOVENEDA reiteramos un compromiso co futuro do noso concello baseado nas ideas, no debate, na particfipación, na planificación e na vontade de colaboración. Fronte á incapacidade e o bloqueo, MOVENEDA seguirá a defender propostas útiles, realistas e necesarias.

Porque o futuro de Neda pasa por aportar novas ideas e gañas de traballar, non por poñer barreiras e non facer nada.


Etiquetas:

moveneda, ferrolterra, comunicados de prensa, concello de Neda, goberno de Neda


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.