María del Carmen Rodríguez Carballeira, veciña de Fene de 67 anos, faleceu a causa das lesións provocadas polo atropelo sufrido onte pola mañá nun paso de peóns de Neda.
Durante moitos anos foi traballadora do Concello de Fene. O goberno local, a corporación municipal e os seus compañeiros expresan o seu máis fondo pesar polo falecemento, e queren trasladar o seu cariño e apoio aos familiares e amigos da vítima.
A muller foi alcanzada por un coche cando cruzaba polo paso de peóns que hai xusto á saída da autoestrada, na avenida de Alxeciras.
Varias persoas que se atopaban pola zona achegáronse ao ver o atropelo. Unha delas, enfermeira, realizoulle manobras de reanimación seguindo as indicacións telefónicas do 061, coa axuda dunha concelleira que pasaba por ese punto e se detivo ao ver o accidente. Ata que chegou a ambulancia e o persoal sanitario lle aplicou o desfibrilador. A muller foi trasladada ao Hospital Arquitecto Marcide, xa en estado grave.
O vehículo que a alcanzou circulaba en sentido Fene e ela atravesaba dende a beirarrúa do outro lado.
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |