A primeira hora de hoxe veciños reportan o preocupante nivel da auga nos ríos Belelle e Basteiro, con desbordes xa evidentes na zona das Augas.
Por favor, tede moita precaución!
O goberno de Neda procedeu a cortar os accesos rodados ao citado lugar, e alertou a Augas de Galicia para que retirara a máquina escavadora que traballa nas obras complementarias da retirada do azud do muíño do Carballo, ante o risco de que a leve a corrente.
Tamén o río Castro se atopa completamente desbordado, deixando baixo as súas augas espazos como a área recreativa da Cobeluda.
Dende MOVENEDA lle solicitamos o alcalde Alvariño que, ante a preocupante situación dos ríos, nos manteña puntualmente informados de calquera nova ou cambio relevante. Non se recibiu resposta.
ACTUALIZACIÓN 14:30O GES de Mugardos e o persoal municipal empezaron a colocación de barreiras nas zonas entre Santa María e As Augas para protexer as casas da crecida da auga.
Preocupación polo efecto da pleamar, que esta prevista para las 16.04 horas.
Aparte do Belelle e Basteiro en Neda, no día de hoxe repórtanse outros ríos desbordados e inundacións en outros concellos da nosa comarca como Fene, Narón, Valdoviño e Cedeira.
As causas son a acumulación de moitos día de abundantes choivas, que rematan por rebasar a capacidade de absorción dos terreos e dos ríos.
En Valdoviño, cortouse o tráfico pola carretera paralela ó cauce do río San Vicente, en Meirás. En Cedeira o problemas céntranse no río Condomiñas, mentres que en Fene, o río Cádavo desbordouse a noite. O río Castro, que afecta a Neda, Narón e San Sadurniño tamén esta vixiado polo GES de Mugardos. En Narón permanecen atendos as situación do río Freixeiro na zona de O Cadabal. O río Baa, en Mugardos, también rebasou o seu límite e a auga afecta a algunhas vivendas.
ACTUALIZACIÓN 15:30 - A XUNTA ACTIVA A ALERTA LARANXA POR DESBORDAMENTOSA Xunta viuse obrigada a actualizar o Plan Inungal a nivel laranxa tras os desbordamento de cauces e o risco elevado de inundacións en cinco ríos da comarca de Ferrolterra: Condomiñas (Cedeira), Mera (Ortigueira), Rego das Mestas (Valdoviño), Cádavo (Fene) e Xubia (San Sadurniño y Narón).
A Xunta activa o aviso laranxa por desbordamentos en Ferrolterra ante o temporal
Renfe confirma que se atopa interrumpida a circulación de tren entre A Coruña e Ferrol. Os viaxeiros se lles está a ofrecer plans alternativos de transporte por estrada.
Imaxes da situación do río na parroquia do Roxal as 16:00
2026-02-16 Inundacións en Neda - Situación no Roxal ás 15:30
ACTUALIZACIÓN 19:30 - SEGUE O NIVEL MOI ALTOReportamos a situación dos ríos ás 19:30 da tardiña. O nivel da crecida segue a ser preocupante, tanto no Belelle coma no Basteiro. Persisten os desbordamentos na zona das Augas.
Por favor, tede moita precaución e atendede as recomendacions de seguridade!
Lembrade que o concello emitiu aviso urxente á poboación solicitando extrema-las precaucións, evitar desprazamentos innecesarios e alonxarse das pontes e marxes dos ríos ata que o caudal recupere a normalidade.
Seguiremos informando.
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |