A plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha mobilización o 1 de febreiro en Santiago de Compostela co lema «Mobilízate para defender o teu dereito á saúde», na defensa da sanidade pública galega. A protesta partirá da Alameda ás 12:00 h e rematará na praza do Obradoiro, onde leranse manifestos reivindicativos.
Organizacións e colectivos mobilizados, así como partidos e sindicatos, denuncian o desmantelamento e a privatización crecente dos servizos sanitarios públicos e a situación de colapso en centros de saúde, urxencias hospitalarias e puntos de atención continuada (PAC).
MOVENEDA súmase a todos este colectivos e consideramos que a Atención Primaria está en crise pola falta de persoal e recursos, con listas de espera “interminábeis” e centos de concellos sen pediatra, entre outras carencias.
Dende MOVENEDA chamamos a mobilizarse para frear a destrución do sistema sanitario público, reclamar máis recursos, persoal e acceso eficiente aos servizos, e denunciar o incremento do desvío de pacientes e fondos cara á sanidade privada.
moveneda, galicia, xunta de galicia, comunicados de prensa
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |