Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.
A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.
Máis "corderadas": cando o concelleiro se atreve a negar a evidencia e mentir no pleno
Written by MoveNeda on .
Visitas: 346
Houbo comentarios de veciños sorprendidos polas respostas que Angel Garcia Cordero nos deu a preguntas de MOVENEDA.
Para nós non é ningunha sorpresa, é o habitual. Imos lembrar unha das millores: cando tivo a caradura de mentir nun pleno e negar a evidencia.
A PILLADA DAS ARQUETAS
En Marzo de 2017, e tras queixas dos veciños, MOVENEDA solicitou por rexistro no Concello a limpeza das arquetas e alcantarillas da rúa Río Belelle e as paralelas. En setembro de 2017, sete meses máis tarde, as alcantarillas seguían sen limpar.
Cando lle preguntamos no pleno o Sr García Cordero tivo o cuajo de contestar o seguinte:
- "Se estan limpiando. [ ] En Rio Belelle no hay ninguna que no funcione. [ ] Se fueron mirar. [ ] No hay ninguna que esté como la fotografía."
VIDEO DO PLENO
Podedes ver e escoitar a pregunta de Carlos Caaveiro, concelleiro de MOVENEDA, e a resposta do Sr Cordero no video (Minuto 36:45).
Coma podedes comprobar nas fotos, o estado da alcantarilla O MESMO LUNS DO PLENO é identico dende Marzo.
O SR. CONCELLEIRO MINTEU
E minte constantemente dende hai 10 anos. Minte para tapar a súa absoluta incapacidade e haraganería. Minte á oposicion e minte a todos os veciños. E o fai porque o alcalde llo permite.
Os veciños non merecemos padecer unos servizos deficientes por culpa de que o concelleiro sexa un incapaz.
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.
Termos de uso, privacidade e cookies Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.