Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Machistas fora das institucións!!

Visitas: 127

A Marcha Mundial das Mulleres-Galicia convoca mobilización este vindeiro 29 de decembro ás 19.30h en Monforte de Lemos para reclamar a dimisión de José Tomé expresidente da Deputación de Lugo como alcalde de Monforte.

Abandonou a presidencia da Deputación (non a acta de deputado provincial) e o PSdG tras acusacións de acoso sexual para "protexer o partido e defenderse" pero segue na alcaldía.  

Dende MOVENEDA sumámonos a Marcha esixindo a súa dimisión porque cremos que os cargos públicos son incompatíbeis con situacións de denuncia de violencias machistas e que calquera representante público deben ser implacábeis no combate dos discursos machistas.

Vémonos en Monforte! 

#Monforte #alcaldedimisón #acososexual


Etiquetas:

feminismo e igualdade, galicia

Machistas fora das institucións!!

outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.