Nos máis de 9 anos de goberno de Angel Alvariño é a primera vez que conseguimos que o goberno municipal consensúe e chegue a acordos co resto de de partidos da oposición sobre a declaración institucional polo 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Este documento foi consensuado e aprobado por unanimidade na comisión de igualdade, foi dictaminado e pasou logo pola comisión de asuntos do pleno.
Para a nosa sorpresa, un minuto antes do pleno, atopámonos con que o Partido Socialista, especificamente o sr. Angel Alvariño, non estaba de acordo co texto final e propoñían varios cambios.
Parecenos gravísimo que o goberno municipal non sexa capaz de manter a súa palabra sobre acordos que eles mesmos pactan.
E o peor de todo é que cando interpelamos á concelleira responsable desta área, Angeles Puentes, o alcalde impidelle falar, toma a palabra para dar unhas explicacións que non convencen a ninguén, quitándolle o dereito á dita concelleira de explicar a súa participación na comisión onde se acordou o texto .
Máis tarde, e logo da intervención do alcalde, a concelleira de igualdade tentou escudarse en motivos xurídicos para ter que variala, o cal supón unha clara mentira sobre o pactado na comisión que ela preside, polo tanto modificaron o acordado previamente sen ningún tipo de xustificación.
Reclamamos deste goberno municipal 3 cousas:
feminismo e igualdade, palestina, concello de Neda, goberno de Neda, plenos
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |