Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Luns 25 de maio, convocatoria de Pleno Ordinario do Concello de Neda

Visitas: 65

O vindeiro luns, 25 de maio, as 12:00h, se vai celebrar Pleno Ordinario do Concello de Neda no salón de sesións da Casa do Concello

 Entre os puntos salientables da orde do día:

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior, ordinaria celebrada o día 30/03/2026. 
  2. 2. Dación de conta dos Decretos da Alcaldía do 8/2026 ao 12/2026.
  3. Recurso de reposición do BNG contra o acordo plenario de 30/03/2026 relativo á aprobación da normativa de uso de redes sociais.
  4. Recurso de reposición de MOVENEDA contra o acordo plenario de 30/03/2026 relativo á aprobación da normativa de uso de redes sociais.
  5. Aprobación Plan Económico – Financeiro do Concello de Neda para o exercicio 2026 2027.
  6. Aprobación das modificacións orzamentarias de suplemento de crédito 1/2026 e crédito extraordinario 1/2026, financiadas con cago ao RLTGX para financiar Recoñecemento Extraxudicial de Créditos.
  7. Aprobación da modificación orzamentaria de suplemento de crédito 2/2026, financiada con cago ao RLTGX para financiar actuación de investimento (Renovación da pasarela de madeira sobre o ría Belelle).
  8. Dación de conta da aprobación da liquidación do exercicio 2025.
  9. Dación de conta do informe de control financeiro 2025.
  10. Rogos e preguntas.

ASISTENCIA DOS VECIÑOS ÓS PLENOS

Como sempre, a sesión é publica e, polo tanto, aberta á veciñanza. Como xa é habitual en MOVENEDA, convidamos a toda a veciñanza a asistir e exercer o seu dereito a participacion democratica na vida publica e politica do noso concello.

ALVARIÑO NON QUERE TESTIGOS DO QUE ACONTECE NOS PLENOS

Lamentablemente o goberno de Alvariño non cree na participación democrática dos veciños nos asuntos públicos e, xa dende a súa primeira lexislatura, moveu os plenos a un horario que non permite que os veciños poidan achegarse e participar.

Dende MOVENEDA reclamamos que os plenos se celebren polas tardes despois das 19:30 horas como fan en outros concellos da contorna


Etiquetas:

plenos


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.