Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Intolerable ataque o funcionamento democratico do concello

Visitas: 242

Ante o intolerable ataque ao funcionamento democratico do Concello, Moveneda impugna a convocatoria do pleno de xullo.

Moveneda impugnou a convocatoria do pleno ordinario de xullo debido a que os partidos que forman o goberno: PSOE, BNG e CG, en complicidade do PP, tratan de impedir que se presenten e voten no pleno tres mocions presentadas por Moveneda.

A primeira, relativa a inclusion de clausulas sociais, eticas, merdioambientais e lingüisticas nos procesos de contratacion do Concello. A segunda mocion pide o apoio os afectados pola presunta estafa de #OpelMotorkar os seus clientes, e a terceira, de apoio as pensions publicas impulsada pola Plataforma Na Defensa Das Pensions Publicas Ferrolterra.

Por vez primeira nesta lexislatura, tratase de impedir a participacion politica dos veciños e das suas organizacions nos asuntos do concello. Atopamos de especial gravidade que o principal impulsor desta manobra tan antidemocratica sexa o Alcalde Angel Alvariño do PSOE.

Estes feitos enmarcanse nunha estratexia de crecente cerco e torpedeo a lexitima accion politica de Moveneda como grupo de oposicion. 

Este goberno tripartito xa ten abertos dous expedientes no Valedor do Pobo pola contumaz negativa a entregar informacion e documentacion solicitada. A isto engádese a non celebracion das pertinentes Comisions Informativas dende hai moitos meses e agora, a ultima manobra e impedir a presentacion de mocions.

Hai que ter en conta as ducias de casos noutros concellos nos que o PSOE e o BNG protagonizaron airadas protestas cando gobernos do PP lles impiden presentar mocions nos plenos. Atopamos especialmente hipocrita que intenten aplicar agora a Moveneda o que non lles gusta para eles.

Non é un ataque a Moveneda, é un ataque os veciños e a democracia

Dende Moveneda defenderemos por todas as vias o noso alcance o dereito democratico que temos os veciños a participar na vida politica do concello, especialmente no Pleno.

Moveneda quere convidar a toda a veciñanza a acudir como publico a este e outros plenos, para ser testigos de primeira man de como se xestionan realmente os asuntos de todos e a notable diferenza que existe entre a realidade e a propaganda oficial emitida polo concello.


Etiquetas:

plenos


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.