Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

É a seguridade vial unha prioridade para o goberno de Alvariño?

Visitas: 590

Botar catro anos para pintar un paso de peóns no Poulo non é o único problema de seguridade vial que non atende o goberno do concello. Hoxe imos explicar que acontece coa inseguridade viaria no tramo da AC-115 que discurre dende a saída da AP-9 pola Avda. de Alxeciras ata o cruce coa AC-862 en Xuvia. Un treito, no que nos últimos anos, houbo catro mortes por atropelo.

Para ir facendo memoria, queremos recordar que hai xa máis dun ano (a raíz do atropelo dunha persoa no paso de peóns da zona da rúa Piñeiros ) se entregaron por rexistro no Concello unhas 50 sinaturas de veciños e veciñas da Avda de Alxeciras reclamando unha serie de medidas para aumentar a seguridade viaria neste tramo de travesía que recorre a zona máis urbana de Neda.

Xa sabiamos que hai varias administracións (Concello, Xunta, Axencia Galega de Infraestructuras) con responsabilidades neste tema, pero, a día de hoxe, máis dun ano despois, non nos consta que ningunha delas fixera nada. Agardamos que non teña que haber outro falecemento para que se tomen medidas.

O Concello podería ter mellorado tanto a iluminación como a sinalización das zonas de seguridade nos semáforos e pasos de peóns, tal e como se fixera cando morrera atropelada outra persoa no paso de peóns da zona do Coto, pero nesta ocasión o goberno de Alvariño non fixo nada.

A Xunta se burla dos veciños de Neda

Xunta respondeu que considera que é unha vía segura e que "coas obras da rotonda de Xuvia xa vai a aumentar a seguridade desta vía". Esta resposta da Xunta, parecenos unha burla cara á veciñanza de Neda e unha falla total de interés xa que o paso de peóns onde se producíu este último atropelo ( preto da rúa Piñeiros ) está a máis de 1 km desta rotonda referida do cruce de Xuvia. 

MOVENEDA esixe accións inmediatas

Desde MOVENEDA esiximos que o Alcalde e o grupo de goberno do Concello, como administración máis próxima, atendan esta reclamación deste grupo de veciños e veciñas, realice xa os traballos da súa competencia e presione ás outras administracións con responsabilidades para que procedan á tomar as medidas necesarias e reais encamiñadas a mellorar a seguridade vial nesta travesía do noso Concello.

A pregunta que debemos facernos é:

É a seguridade vial unha prioridade para o goberno de Alvariño?


Etiquetas:

xunta de galicia, comunicados de prensa, concello de Neda, goberno de Neda


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.