Un incendio calcinou por completo un alpendre no lugar de Riocovo, en Neda, na tarde deste domingo. O aviso produciuse arredor das 14:20 horas e no operativo participaron o GES de Mugardos, os Bombeiros do Eume e a Garda Civil.
Os equipos de emerxencia traballaron arreo durante preto de tres horas para extinguir o lume, para o que foron necesarios uns 7.000 litros de auga. A vivenda situada ao carón, que non está habitada, non resultou afectada polas lapas.
No momento do incendio non había persoas no lugar, pero si varios animais. Un gato resultou ferido e foi atendido polos efectivos de emerxencias, que recomendaron á propietaria da vivenda trasladalo ao veterinario.
As causas do lume aínda se descoñecen.
comunicados de prensa, concello de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |