Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Goteiras no Pavillón municipal: un feito que se repite dende hai máis de 10 anos

Visitas: 486

Queremos expresar a nosa máis firme protesta e indignación polo espectáculo lamentable e absolutamente vergoñento que tiveron que soportar os asistentes á Festa de Comparsas de Antroido celebrada no Pavillón Municipal de Neda.

O que debería ser unha celebración de alegría, convivencia e orgullo colectivo converteuse nunha imaxe de abandono e chapuza institucional: goteiras caendo sobre parte do graderío, asentos mollados, zonas balizadas para evitar riscos e veciños e visitantes presenciando unha escena impropia dun concello que fachenda de dinamizar a vida cultural e social.

As goteiras de nunca acabar

Este problema non é novo. As goteiras levan máis dunha década sendo un problema recorrente ó que non se lle pon solución definitiva.

Primeiro, son consecuencia directa dunhas obras chapuceiras executadas no seu momento polo goberno de Ignacio Cabezón e, segundo, da absoluta incapacidade dos gobernos municipais de Alvariño para resolver esta situación. 

MOVENEDA levamos dez anos insistindo neste tema

Alo por 2016 xa fixemos unha auditoria das obras na cuberta do Pavillón adxudicada polo Partido Popular no ano 2013 a empresa VIALON por un importe de mais de 53.000 euros. A pesares da "reparación", seguían as goteiras na cuberta do pavillon co risco de que acabasen estragando o parqué do chan. O mesmo arquitecto municipal entregou un informe no que sinalaba negativamente os traballos que se estaban a desenvolver cualificando os mesmos de INADMISIBLES. Neste informe o arquitecto xa avisaba:

  • Que se estaban a incumprir as medidas de seguridade no traballo por parte da empresa que estaba a facer as obras.
  • Que non existian documentos, cuxa existencia e obrigatoria en obras de edificacion.
  • Que as caracteristicas tecnicas do traballo desenvolto non se axustaban ao proxecto e aos materiais empregados non eran os adecuados para a reparacion.

Podedes ler todo eiqui na nosa publicacion de 2016: Auditando ó concello: As obras do pavillon

Logo seguimos insistindo en moitas Comisións de Área, como podedes ler nos informes que publicamos xa en 2016:

Dez anos despois o problema segue sen arranxar

Resulta intolerable que, despois de dez anos, o goberno municipal continúe sen asumir as súas obrigas e responsabilidades e non sexa capaz de amañar un tellado. É penoso e vergoñento que os veciños e veciñas de Neda, así como as persoas que nos visitan, teñan que soportar unha imaxe de abandono, desleixo e falta de responsabilidade institucional.

Dende MOVENEDA esiximos

  • A asunción inmediata de responsabilidades políticas por esta situación.
  • A execución urxente dunha reparación integral e definitiva da cuberta do pavillón.
  • Transparencia total sobre as actuacións realizadas ata o momento e explicacións públicas á veciñanza.

Os veciños e veciñas de Neda non merecemos unhas instalacións en condicións indignas. A veciñanza merece respecto, dignidade e unhas infraestruturas públicas seguras e en condicións. MOVENEDA seguirá denunciando con firmeza cada situación de abandono e cada chapuza que afecte á veciñanza. Non imos calar ante o desprezo e a incapacidade institucional.


Etiquetas:

goberno de Neda, servizos municipais


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.