Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

O Goberno de Neda oferta precariedade na praza de traballadora social

Visitas: 27

O Concello de Neda convoca un proceso selectivo urxente para nomear un funcionario ou funcionaria interinos na praza de traballo social.

MOVENEDA denuncia publicamente que o goberno local repite o patrón de sempre: contratar en precario e pagar mal. Despois sorpréndense cando os traballadores e traballadoras marchan en busca de condicións laborais dignas.

O CONCELLO EXPLOTA ÓS SEUS TRABALLADORES

A situación é a seguinte: a traballadora social a tempo completo atópase actualmente de baixa por enfermidade. Outra traballadora social cubría unha praza auxiliar a tempo parcial e acaba de abandonala porque no Concello de Fene lle ofreceron un posto con millores condicións. É dicir, Fene ofrece o que Neda nega. Fene retén talento. Neda expúlsao.

Non é un caso illado. MOVENEDA lembra o caso do bibliotecario municipal, que acabou marchando porque o que cobraba non lle chegaba para levar unha vida digna. Iso é unha política deliberada de precarización do emprego público local. O goberno do PSOE en Neda leva once anos cun modelo laboral baseado na explotación: postos a tempo parcial, salarios de miseria e contratos que non permiten a unha persoa ter unha vida con estabilidade. Pasa coas traballadoras do SAF, cos traballadores do PEL, coa técnica de turismo... 

Mentres tanto, este mesmo goberno non ten ningún problema en gastar miles de euros en manter un equipo de propaganda ao servizo do alcalde e do seu partido, ou un abogado privado, ou gastar decenas de miles de euros publicidade que en realidade paga as entrevistas-masaxe en TV Ferrol e Radio Voz, onde o rexedor aparece continuamente para autoelogiarse. Para iso sempre hai cartos. Para pagar dignamente aos traballadores que prestan servizos sociais á cidadanía, non os hai.

OS SERVIZOS SOCIAIS NON SON UN LUXO: SON UN DEREITO

A praza de traballadora social non é calquera posto. É a porta de entrada ao sistema de protección social para as familias máis vulnerables de Neda. Esa área importante do Concello leva meses sen a cobertura necesaria. A solución non é volver a convocar un contrato en precario. Facer isto é unha irresponsabilidade.

Dende MOVENEDA esiximos ao goberno local que abandone esta dinámica vergoñenta. Esiximos que convoque a praza a tempo completo, que pague salarios que permitan vivir.

Dende MOVENEDA pensamos que este concello ten gastos superfluos que pode recortar ou eliminar e adicar eses fondos ao servizo dos veciños, a pagar adecuadamente ós que traballan para os veciños.

Chega de propaganda. Chega de precariedade.
O concello é para a veciñanza, non para o escaparate do alcalde.


Etiquetas:

loita obreita, comunicados de prensa, servizos municipais


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.